top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE do Pino solicita a construción dunha área de aparcamento para autocaravanas

Cre que o termo municipal do Pino, en pleno Camiño Francés, xa debería contar cunha área de estacionamento para este tipo de vehículos


Ecos da Comarca/O Pino

O Grupo Municipal Socialista do Pino vén de rexistrar unha iniciativa solicitando a construción dunha área de servizos para autocaravanas. Manifesta que este tipo de turismo itinerante cada día conta con máis seguidores, e, “tras a pandemia colleu máis impulso. Nós, o termo municipal do Pino, con un amplo trazado do Camiño Francés,

debemos ofrecer este tipo de infraestrutura para todos aqueles turistas e peregrinos que optan por esta maneira de viaxar”, apuntan.


Así mesmo, están convencidos que brindar este servizo aos visitantes podería servir como reclamo para incentivar a economía local, “o turismo relacionado co Camiño de Santiago é unha das principais fontes de riqueza do noso concello, e temos o deber de coidalo e potencialo xa que o visitante que durme aquí, sempre gasta algo aquí”, manifestan.


Custo do proxecto 50.000 euros

Calculan que o custo do proxecto estaría próximo aos 50.000 euros e que debería ser financiado a través dun convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de O Pino co fin de mellorar as infraestruturas turísticas do termo municipal.

Esta iniciativa, dos Socialistas, será sometida a debate e posterior votación na sesión plenaria ordinaria a celebrar o vindeiro 30 de xuño de 2021.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page