top of page

O PSOE do Pino leva a cabo unha campaña informativa para solicitar as bonificacións do IBI agrario

Estas poden ascender ata o 95% da parte da cota íntegra

Unha explotación gandeira.

Autor: Ecos da Comarca.


Ecos da Comarca/O Pino

O PSOE do Pino vén de realizar unha campaña de información polas explotacións gandeiras do municipio para que soliciten canto antes a bonificación do 95% no

Imposto de Bens Inmobles (IBI).


A Corporación do Pino modificou a ordenanza reguladora, tras unha iniciativa do PSOE local, no ano 2020, fixando bonificacións para os inmobles onde se desenvolvan actividades agrícolas, gandeiras e forestais.


As bonificacións, que pode ascender ata o 95% da parte da cota integra, precisan da declaración de especial interese e utilidade pública municipal por parte do Pleno da Corporación, previa solicitude dos e das interesados/as.


No pasado pleno de marzo o Grupo Municipal Socialista solicitou, a través dun rogo, unha campaña informativa por parte do Concello, “pasados dous meses e como vemos que nada se fixo, tócanos a nós mover fichar e animar aos interesados/as a que fagan estas solicitudes para poder beneficiarse deste incentivo”, indican desde o PSOE local.


Así mesmo tamén informan que “todo aquel/a que necesite máis información sobre os tramites e formularios tan só ten contactar co Grupo Municipal a través de do enderezo electrónico psoeopino@gmail.com”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page