top of page

O PSOE do Pino lamenta que o Concello teña "totalmente abandonada a Senda Panorámica do Picón"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Demanda que se realicen os trámites co obxecto de que esta ruta reciba a homologación por parte da Federación Española e Galega de Montañismo


Laura Moure/O Pino

O Grupo Municipal Socialista do Pino solicitará no próximo pleno, a través de moción, que o Concello proceda a executar todos os traballos que sexan necesarios para a conservación, limpeza e reposición de toda a sinalización da ruta denominada “Senda Panorámica do Picón”.


Os socialistas lamentan que a web municipal faga promoción, na páxina de turismo, desta ruta e logo despois na práctica o sendeirista se atope sen sinalización e con tramos totalmente intransitables pola gran cantidade de maleza que acumulan. “Así non se coida a nosa riqueza natural e patrimonial, nin tampouco se fai promoción do noso concello. O alcalde do Pino de conservación e mantemento non entende, só entende da promoción e fotos o día das inauguracións, ao día seguinte xa se esquece de todo”, critican.


Máis de oito quilómetros de ruta

O PSOE tamén demandará que se realicen todos os trámites co obxecto de que esta ruta pase a estar catalogada e homologada pola Federación Española e Galega de Montañismo. Buscan poñer en valor o patrimonio natural do Pino, e, así mesmo, ofrecer novos atractivos turísticos aos visitantes e peregrinos.


A Senda Panorámica do Picón é unha ruta circular de algo de máis de oito quilómetros, que parte do lugar da Rúa na parroquia de Arca, conta con un trazado moi sinxelo, e como puntos de interese cabe sinalar, entre outros, os Muíños de Astrar e o Miradoiro do Marco. Miradoiro desde o cal que se pode observar a nova terminal do Aeroporto Rosalía de Castro, o Monte da Mina, e case a totalidade do núcleo urbano de Pedrouzo.



O PSOE critican a sinalización ou elementos que se atopan nesta ruta.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page