Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O PSOE do Pino denuncia “o desleixo do PP no mantemento das instalacións municipais”

Indica “que a principal tarefa do alcalde é a de criticar e buscar a confrontación en vez de atender ás incidencias e demandas da veciñanza”


Ecos da Comarca/O Pino

O PSOE do Pino lamenta que, no actual mandato, "a principal característica do alcalde sexa sempre a de criticar a xestión que está a realizar a Deputación da Coruña, cando é a Administración que máis recursos aporta ao concello, tanto para vías e obras como para o eido social”. Sinala que Taboada, como político, ten todo o dereito a criticar. "O que resulta

absurdo e que el, tendo responsabilidades de xestión, critique á Deputación pola falta de limpeza das vías provinciais cando as vías locais están no mesmo ou peor estado”.


Así mesmo, os socialistas tamén denuncian o "desleixo do actual equipo de goberno á hora do mantemento das instalacións municipais". Aseguran que "fai case un mes que, debido á calor, rompeu un panel de cristal da pista de padel e o alcalde nin sequera se molestou en mandar a ninguén a recoller os cristais”.

Tamén informan que, o actual alcalde, "no seu día abandonou por completo o mantemento do Campo de Fútbol do Lameiro e, agora estamos gastando outra vez diñeiro para arranxalo e poder facer uso do mesmo". Por iso, “Taboada é o menos indicado para criticar a ninguén”, sinala o voceiro do PSOE local, Óscar Vilar.


82 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE