top of page

O PSOE do Pino demanda a volta das consultas presenciais en atención primaria

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Solicita, vía moción, limitar as consultas telefónicas aos trámites e recuperar o modelo presencial


Ecos da Comarca/O Pino

O Grupo Municipal Socialista de O Pino, ao igual que a Agrupación Provincial Socialista da Coruña, solicita a recuperación das consultas presenciais en atención primaria e limitar as consultas telefónicas aos trámites. Manifestan que, “despois de máis dun ano de pandemia necesitamos ir recuperando pouco a pouco o funcionamento dos Centros de Saúde, e a Xunta ten que poñer a disposición todos os recursos necesarios, garantizando a seguridade dos profesionais como a dos enfermos” indican.

O Centro de Saúde do Pino.

Os socialistas sinalan que a xestión da atención primaria na sanidade pública "xa era caótica antes da pandemia, e que desde marzo do ano 2020 a situación desta xestión agravouse exponencialmente ao suspenderse a práctica totalidade das consultas presenciais".


Creen que chegou o momento de ir revertindo esta situación, “unha boa calidade na atención primaria garantízase coa consulta presencial, non co modelo de chamada telefónica, sine díe, instaurado pola Xunta”, afirman.


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page