Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O PSOE do Pino critica o atraso na instalación da cuberta do parque infantil de Forcarei

Culpa ao alcalde "do nulo seguimento que fai das obras" e lamenta que a Deputación non actúe de oficio


Ecos da Comarca/O Pino

O Parque Infantil de Forcarei, situado ao lado da escola infantil A Galiña Azul do Pino, será a primeira área de recreo infantil cuberta coa que contará O Pino grazas aos 89.600 euros que aporta a Deputación da Coruña. Esta nova instalación “que xa debería estar rematada e a disposición da cativada”, segundo indican desde PSOE, foi solicitada polos socialistas no ano 2018 e incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación no ano 2019.


“Tras saír a licitación e ser adxudicada o 15 de xullo do ano 2020, o único que se fixo, ata o momento, foi desfacer o parque, tal como testifican as propias imaxes”, critica. Lamenta que o parque "leve preto dun ano fóra de servizo e sen trazas de que se retomen as obras. Esta obra foi deseñada para que os nenos e nenas puideran seguir gozando da instalación tanto os días de sol como os de choiva, e non para estar pechado con un cerramento metálico mal colocado. Foi o propio Concello o que anunciou que o parque estaría

listo en marzo deste ano, pasaron seis meses e desde aquela non se observou nin un só movemento na zona, a culpa de todo isto a ten o alcalde polo nulo seguimento que fai das obras”, indica o voceiro socialista, Óscar Vilar.


Así mesmo, tamén critican que a Deputación da Coruña, como administración que financia as obras, "non leve un mínimo de control e solicite de oficio as causas e motivos que atrasan a execución dos proxectos. Se fixera esa labor, que se presupón, moitas obras non se eternizarían”, apuntan.

37 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE