top of page

O PSOE do Pino asegura que hai "importantes irregularidades" na renovación do alumeado do centro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

“Non se cumpriron os pregos, nin o orzamento, o alcalde debe dar explicacións”, reclama o voceiro socialista, Óscar Vilar


Os socialistas do Pino sinalan que detectaron “importantes irregularidades” na obra de renovación do alumeado público nas Avenidas de Lugo e Santiago en Pedrouzo, no casco urbano do concello. "Os traballos, do POS 2020 da Deputación da Coruña, incluían obra civil para unha canalización que non se executou. Non se cumpriron os pregos do proxecto nin o orzamento, o alcalde debe dar explicacións”, asegura o voceiro socialista, Óscar Vilar.

A Avenida de Lugo, no Pino.

Despois de varios intentos, a dirección facultativa da obra visitou a zona para darlle as explicacións oportunas ao representante do PSOE. “Ademais de que é unha obra que financia a Deputación da Coruña onde non se colocou o cartel obrigatorio, o orzamento de obra civil que non se executou, calculamos que entre 30.000 e 40.000 euros, non poderá ser por suposto abonado á empresa adxudicataria e haberá que modificar o proxecto ou facer unha baixa”, sostén Vilar. “Agora mesmo non pode ser recibida coa súa correspondente acta de recepción e a modificación do proxecto levará tempo, xa que ten que ir a pleno e contar coa autorización da Deputación da Coruña”, explica.


E insiste en que “está claro que ao alcalde, Manuel Taboada, polas acusacións que fixo no pleno do pasado mércores, non lle conviña nada esta visita ás obras; foi unha pena que se era coñecedor destes feitos non dera as explicacións oportunas na sesión plenaria”, conclúe Óscar Vilar.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page