top of page

O PSOE do Pino agradece o apoio do seu grupo a Marea pola moción presentada sobre a mina de Touro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/O Pino/Touro

Os socialistas do Pino agradece o apoio mostrado do seu partido a Marea Atlántica no pleno da Deputación para aprobar unha moción presentada por este último partido sobre a mina de Touro. "O noso grupo agradece o apoio do grupo provincial PSdG-PSOE para aprobar a moción de Marea Atlántica no pleno da Deputación. Nós, como grupo municipal do Pino, solicitamos días atrás tal apoio, independentemente do grupo que defenda a moción, temos a obriga de defender o noso medio , e o dos nosos veciños".


O pleno deu luz verde á moción presentada pola Marea Atlántica sobre a mina de Touro.

"Esta mina de cobre a ceo aberto, explotada pola empresa Riotinto Patiño entre o 1970 e o 1988, está a ter hoxe en día efectos negativos ante o deficiente traballo de rexeneración da área unha vez pechada a mina, sumados as consecuencias do novo uso dos terreos para o tratamento de lodos de depuradora. Todo isto xera na atualidade efectos nos ríos e regos da área, nos que hai ademais unha gardería e un centro da terceira idade moi próximas a unha destas vertentes", sinalan. "A todo isto, súmase agora a tentativa das empresas Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas, que a través da súa filial galega, Cobre San Rafael, que pretende reiniciar os traballos de explotación da mina, o que suporía un forte impacto medioambiental e social", engaden.


Neste contexto, a Deputación insta á Xunta de Galicia, aos Concellos de Touro e O Pino e á empresa Explotaciones Gallegas S.L., a realizar os traballos de inspección e rexeneración precisos para avaliar o estado das augas e terras afectadas procedentes das escorreduras da antida mina, co fin de que se actúe para garantir a salubridade na zona.


Tamén se insta á empresa mencionada a executar a depuración parcial xa aprobada para reducir as verteduras derivadas da súa actividade de depuración de lodos. Á súa vez, o ente provincial aprobou requirir aos Concellos de Touro e O Pino e á Xunta a que se exerzan todas as accións que correspondan por vía legal para que a empresa propietaria dos terreos presente un plan de restauración actualizado que o execute co fin de poñer fin a máis de30 anos de irregularidades.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page