top of page

O PSOE denuncia "o incumprimento da normativa de seguridade contra incendios no Lalín Arena"

"Os extintores do multiusos tiñan que ter pasado a revisión obrigatoria anual hai 8 meses", sinalan os socialistas


Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín denuncia a existencia de incumprimentos graves da normativa de seguridade contra incendios no Lalín Arena, "onde non se realizou a revisión periódica e obrigatoria dos extintores desde correspondente ao ano 2023". O concelleiro, Mario López, recalca que "a normativa marca unha revisión anual mínima para o correcto mantemento dos aparellos a presión onde se verifican o estado de carga; a presión de

impulsión do extintor; o estado da mangueira, a embocadura, as válvulas e partes mecánicas". “Esta revisión tíñase que realizar hai 8 meses e non se fixo así, polo que o Concello de Lalín está incumprindo gravemente a normativa”, explica.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O socialista destaca “a gravidade da situación ante un posible incendio”, e critica “a deixadez do do concelleiro responsable, Avelino Souto, ante un tema tan sensible como a protección contra incendios nunha instalación que empregan diariamente decenas de persoas”. “Estes incumprimentos da normativa supoñen unha grave irresponsabilidade polo risco para a seguridade ante un eventual incendio ou outra emerxencia que requirise o uso de extintores para o seu control.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"A ineptitude e neglixencia de Souto está a poñer en risco a seguridade dos usuarios do Arena", sinalou. López esíxelle ao “concelleiro mellor pagado de Galicia que emende de

inmediato as deficiencias detectadas e que se encargue de vixiar o cumprimento da normativa, porque non podemos xogar coa seguridade dos cidadáns”. “Este é un novo exemplo, - continuou o edil -, “do abandono ao que Souto somete ao Lalín Arena e pode explicar os motivos polos que quere impedir que se tomen fotos no interior”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.



Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page