top of page

O PSOE de Touro porá en marcha unha liña de axudas para o estudo para todos os niveis educativos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A candidata, Gemma V. Lopez, busca a igualdade de oportunidades e asegura que de gobernar o municipio “ningun estudante deixará os estudos por motivos económicos"


Ecos da Comarca/Touro

A candidata do PSOE á Alcaldía de Touro, Gemma V. López, porá en marcha desde o goberno municipal tras as eleccións do 28-M numerosos proxectos que son “realistas e

realizables”debido a que emanan desde o “coñecemento” das necesidades da poboación

tourense, segundo xustificou. Nun acto público celebrado o pasado domingo na localidade para presentar á súa candidatura, a dirixente socialista garanteu que o PSOE porá en marcha unha liña de axudas para o estudo e o transporte que incluirán: material escolar, aparatos informáticos, conexións á internet e tamén gafas.

Esas axudas irán destinadas a estudantes de todas as etapas educativas e o seu reparto será sempre baixo os criterios dos servizos sociais ao dar preferencia as familias con rendas máis baixas ou maiores dificultades económicas. Tamén se terá en conta criterios como o nivel de estudo, a distancia do centro, etc.. Neste senso, López tamén aposta por mellorar a “conservación e o mantemento” do C.P.I. Fonte Díaz e tamén promete instar á administración competente a mellora do patio do centro educativo para convertelo nun patio inclusivo e de nova arquitectura pedagóxica.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A candidata do grupo socialista lembra que "a educación pública ten que estar ao alcance de todos” e que “é preciso dotar axudar ás familias para que ningún estudante teña que abandonar os estudos por cuestións económicas” e desde a administracion hai asegurar a plena integración de todo o alumnado, “acorde a uns tempos nos que a inclusión dos nenos e nenas pasou a ser xa unha prioridade do noso sistema pedagóxico”.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page