top of page

O PSOE de Touro levará ao Pleno unha moción contra as agresións sexuais e a submisión química

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Touro

O PSdeG-PSOE de Touro levará ao Pleno Ordinario unha moción contra as agresións

sexuais e a submisión química. As e os socialistas demandan campañas de información e prevención, creación de puntos violeta e controis para evitar as xiringas nos recintos festivos.


A voceira do PSdeG-PSOE de Touro, Gemma V. López, rexistrou unha moción que levará ao Pleno Ordinario do Concello de Touro do 23 de setembro en relación ás agresións sexuais e a submisión química exercida contra as mulleres.

A moción que as e os socialistas levarán ao concello pretende que a administración

municipal, a máis próxima as veciñas e veciños presten todo apoio posible ás vítimas da violencia machista.


Entre as propostas está a condena expresa de calquera agresión sexual e da submisión

química para este fin, ao tempo que se insta ao goberno da Xunta a que estenda o

protocolo contra a submisión química elaborado no hospital de Ourense a todas as áreas sanitarias de Galicia.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Do mesmo xeito, a iniciativa do PSdeG-PSOE de Touro propón que dentro dos recintos festivos e nas discotecas se establezan controis para evitar que se entren con xiringas para realizar as picadas, e mesmo que os concellos amplíen a instalación de puntos

violetas para asistir ás posibles vítimas, aproveitando que a meirande parte deles están financiados polo Plan Estatal contra a Violencia de Xénero.


No eido da prevención, o partido político insta a través desta moción a facer campañas de concienciación e educación entre a mocidade, poñendo o foco nos potenciais agresores.


As e os socialistas amosan cautela ante a situación, remarcando que dende o PSdeG PSOE de Touro non queren “crear alarma nin contribuír a unha psicose social”, pero que “o problema está aí” e piden ao goberno de Ignacio Codesido (PP) que o afronte de cara e que se tomen precaucións antes de que pase unha desgraza.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page