O PSOE de Touro levará ao Parlamento de Galicia a desafectación dos innmobles das escolas unitarias
- ecosdacomarca
- 2 sept 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
Os socialistas de Touro levarán ao Parlamento de Galicia “a desafectación dos inmobles das escolas unitarias do municipio, que a día de hoxe son da Consellería de Educación e que na maioría dos casos están nun estado lamentable”.

“Pasou xa máis dun ano, desde xuño de 2021, desde que o noso grupo votou a favor
dunha proposta para solicitar a desafectación das escolas unitarias; dende aquela, o PP de Touro nada fixo para solicitar a titularidade destes edificios, pasando dese xeito a depender do concello para adecentalos e darlles uso”, lembra Gemma López, voceira do
PSdeG-PSOE de Touro.
“O grupo de goberno de Touro, aínda tendo maioría absoluta no Concello e tamén na Xunta, non é quen de sacar nada adiante. Estamos fartos de votar a favor de propostas e que logo as garden nun caixón”, engade. “Por todo isto, hai uns meses voltamos insistir ao goberno de Ignacio Codesido, na esixencia de que axilizasen os trámites para que a curto prazo os edificios pasen a ser titularidade do Concello. O paso seguinte que demandamos é que a medio prazo sexan
arranxados, co fin de que as veciñas e veciños, as asociacións de toda índole e calquera colectivo local poida darlles uso e desfrutar destas escolas unitarias”, apuntan los socialistas.

Agora, o Partido Socialista de Touro, a través do grupo parlamentario do PSdeG, “que sempre está para axudar ás veciñas e veciños de Touro, solicitarémolo no Parlamento de Galicia”, remata Gemma López.
Comments