top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE de Touro e O Pino presentan alegacións ao proxecto da drenaxe integral da antiga mina

Consideran que o proxecto promovido por Explotaciónes Gallegas, S.L. “é un proxecto low cost, que carece de rigor técnico e escatima a inversión”


Ecos da Comarca/Touro/O Pino

Os Grupos municipais do PSOE de Touro e O Pino veñen de presentar alegacións en Augas de Galicia ao proxecto de drenaxe integral da antiga mina de Touro. O proxecto presentado por Explotacións Gallegas, S.L., tras varios requirimentos da Xunta de Galicia, acaba de estar sometido a exposición pública.


Ambos grupos, despois de estudar o proxecto e solicitada a opinión a expertos, consideran que o documento “carece de rigor técnico”, “cando se fala dun proxecto de

drenaxe integral, a solución ao problema medioambiental non pode estar fundamentado

en métodos experimentais, e moito menos ter como obxecto outro tipos de accións”. Manifestan que as solucións teñen que estar contrastadas cientificamente, denunciando

que non admitirán solucións “low cost” como a que se propón, por exemplo, para a

balsa da corta de Bama.

Así mesmo, tamén critican que a parte máis importante, a planta de tratamento de auga ácida, figure vinculada a unha futura concesión de explotación mineira a ceo aberto, “feitos que non podemos admitir”. “A contaminación que levamos padecendo durante os últimos 30 anos hai que erradicala si ou si, e, a Administración ten que obrigar a actual empresa explotadora a implantar as máximas accións desde XA”, manifestan Gemma López e Óscar Vilar, voceiros do PSOE de Touro e O Pino, respectivamente.


Por último, indican que o obxecto das súas alegacións é obrigar aos promotores a presentar un novo proxecto serio e rigoroso. “Queremos que se corrixa o problema da drenaxe ácida procedente da antiga mina, pero que se corrixa de forma integral e de forma definitiva, é para iso non se pode presentar un proxecto que escatima a inversión”, sinalan.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page