top of page

O PSOE de Touro demanda máis iluminarias e o arranxo urxente da pista da igrexa de Prevediños

Ecos da Comarca/Touro

O PSdeG-PSOE de Touro solicita ao goberno do popular Ignacio Codesido "que escoiten as peticións que se levan facendo fai unha tempada polos veciños para que se arranxe e se coloquen iluminarias públicas na pista que vai cara a igrexa de Prevediños".

As queixas dos veciños son recurrentes, aseguran os socialistas, "xa que os estragos non fixeron máis que empeorar. A pista está en moi mal estado e xa case está sen asfalto; as cunetas están sen abrir e as entradas ás leiras non teñen tubos para que pase a auga, chegando á haber buracos de case 40 centímetros de fondo".

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

O grupo socialista tamén alerta que "por mor falta de iluminación e de arcén nese tramo algúns veciñas sufriron algún que outro contratempo que por sorte non rematou en nada grave. A falta de xestión e de compromiso durante 30 anos do PP de Touro está levando á veciñanza a situacións extremas", afirma Gemma López, portavoz do PSOE de Touro

Preme na imaxe se queres contactar connosco!


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page