top of page

O PSOE de Touro acusa ao Concello de "perder máis de 23.000 euros en subvencións para Cultura"

“Cada vez que se perde unha subvención os veciños perden oportunidades e recursos”, recalca a voceira, Gemma V. López


Ecos da Comarca/Touro

A concelleira socialista de Tour Gemma V. López informa "da perda de tres subvencións da

Deputación Provincial da Coruña por parte do Concello, neste caso da Concellería de Cultura para subvencionar festivais, festas patronais, comisións de festas e tamén para

contratar un técnico de normalización lingüística".

A edil socialista apunta que “no que levamos de ano levamos perdidos bastante máis de

23.000 euros en subvencións de Cultura pola mala xestión e o pasotismo da concelleira Adela Iglesias e lamentamos que lle boten a culpa ao funcionario de turno cando todos sabemos que non é así".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así mesmo, incide en que "por moito que queiran vender coa súa propaganda, esta é a realidade de Touro: un departamento de Cultura que perde unha subvención tras outra e que é incapaz de facer un programa cultural para todas as veciñas e veciños e para todas as parroquias por igual”. A voceira socialista esixe á concelleira de Cultura e en particular e ao goberno do popular Ignacio Codesido en xeral "especial dilixencia nas súas funcións en beneficio das e dos veciños de Touro".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page