O PSOE de Silleda presenta as súas peticións aos orzamentos da Xunta de Galicia
- ecosdacomarca
- 17 oct 2024
- 3 Min. de lectura
Inclúen propostas en áreas clave como a construción dunha piscina climatizada sustentable ou a creación dunha alternativa do tramo urbano da PO-204 en Bandeira
Ecos da Comarca/Silleda
O Grupo Municipal Socialista de Silleda vén de presentar unha serie de emendas aos Orzamentos da Xunta de Galicia para dar resposta a cuestión como a construción dunha piscina climatizada sustentable, a creación dunha alternativa do tramo urbano da PO-204 en Bandeira, o saneamento da parroquia de Lamela, rehabilitación urxente do muro exterior do Mosteiro de Carboeiro e a mellora de seguridade peonil na estrada PO-201.
Nas emendas presentadas, destaca a proposta de inicio da construción dunha piscina climatizada, por importe de 550.000 euros, que non só se presenta como unha instalación deportiva nova, senón como un proxecto innovador e sostible, que exemplificaría o uso eficiente da enerxía renovable e serviría de modelo para outros concellos galegos, xa que se calefactará co sistema DISTRICT HEATING da rede de calor, e que a convertería na primeira instalación de este tipo, medioambiental mente sostible “Silleda, Concello Bandeira Verde, quere seguir sendo unha referencia nas instalacións sostibles, e precisamos para elo que a Xunta nos de o primeiro impulso para a creación desta infraestrutura tan demandada pola cidadanía", di a alcaldesa e secretaria Xeral do PSDG-PSOE silledense
Publicidade
Tamén se solicita a creación dun trazado alternativo a PO-204, e que atravesa o casco urbano de Bandeira e soporta un elevado volume de tráfico pesado, derivado da actividade das canteiras de Campomarzo. Este tráfico xera ruído, perigo e molestias para a veciñanza. A proposta, valorada en 1.000.000 euros, busca que a Xunta de Galicia constrúa unha alternativa viaria que permita desviar o tráfico pesado fóra do núcleo urbano, aproveitando un viario municipal paralelo con saída directa á N-525, sen afectación a vivendas “Esta solución melloraría tanto a seguridade como a calidade de vida da veciñanza e permitiría ao concello a modificar a Rúa Ramón de Valenzuela nun viario amable, accesible e seguro”, sinala Fernández Pena.
Outra das propostas é a petición de dotar de saneamento á parroquia de Lamela, aproveitando a proximidade coa estación depuradora de augas residuais da Bandeira. Esta emenda atende unha demanda histórica da parroquia de Lamela, que a Xunta negou polo alto impacto económico que supón, máis de 2,5 millóns de euros, polo que se solicita que neste orzamento 2025 se incorpore unha primeira fase por 600.000 euros, coa intención de que así sexa mais asumible para o goberno galego.

Tamén preséntase outra proposta para a rehabilitación urxente do muro exterior do Mosteiro de Carboeiro, declarado Ben de Interese Cultural. “Está emendado estase a converter en histórica, pola falta de atención da Xunta, a pesar do risco ao que se está sometendo a Carboeiro” recalca a rexedora. A intervención inmediata, por importe de 550.000 euros, permitiría frear o deterioro e evitar o colapso do muro, un risco que foi advertido polos técnicos municipais.
Outra proposta, que se ten presentado nos últimos 10 anos sen que fora atendida, é a mellora da seguridade peonil na estrada PO-201, que conecta Silleda co Santuario da Saleta. Esta vía, con alto tránsito, especialmente en época de festividades, carece de sendas seguras para peóns, o que supón un risco elevado para a veciñanza. A proposta, por importe de 750.000 euros inclúe a creación de beiravías ou sendas peonís para garantir a seguridade das persoas que utilizan esta estrada, especialmente durante os nove días previos ás festas patronais, cando moitas persoas acoden ao santuario a pé sen protección viaria. “Todas as estradas próximas a esta vía de titularidade nacional ou provincial, teñen xa sendas peonís. Non ten sentido que a Xunta non mova ficha nesta estrada” apunta a secretaria xeral.
Komentáre