top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE de Rodeiro alerta "do caos que se aveciña coa obra da rúa Aviador Gumersindo Areán"

Os socialistas demandan un cambio urxente do proxecto para solucionar os problemas, que segundo eles, vai haber co tráfico


Ecos da Comarca/Rodeiro

"De caos en caos. Así é como se está xestionando o Concello de Rodeiro", recalca o partido socialista. "Se xa quedou demostrado o desastre no eido económico, agora o problema vén da man dunha das obras estrela dos últimos tempos; a remodelación da rúa Aviador Gumersindo Areán".


Tal e como denuncia o PSOE de Rodeiro, "trátase dun proxecto necesario e fundamental para humanizar o centro urbano da vila que, sen embargo, tal e como se está executando vai derivar nun auténtico caos de tráfico". Desta volta, sinala, "o problema vén dado porque a rúa está previsto que quede cunha única dirección para o tráfico. A elixida é a dirección Río, é dicir, os coches poderán acceder á Gumersindo Areán dende a rotonda da estrada principal de Rodeiro, pero non ao revés, dende a Torrevella ata o centro do pobo. Que suporá iso? Que todo o tráfico pesado que veña pola estrada de Río, dende tractores e demais maquinaria agrícola ata camións e trailers, terán que ir saír obrigatoriamente ao cruce da Casa Consistorial, é dicir, á beira do bar Estraloxo. É consciente o goberno local desta circunstancia ? Como pensa que vai poder xirar o tráfico pesado en dirección Chantada en plena estrada xeral?", pregúntanse os socialistas.

Así memso, secretario xeral local dos socialistas de Rodeiro, José Luis Camiñas, considera que "imos de caos en caos. Non hai anticipación nin previsión ante problemas

como este do tráfico pesado, que son fundamentais". Ao PSOE parécelle

"imprescindible, urxente e necesario que se invista no casco urbano, no núcleo que cohesiona o noso concello e é un motor de servizos e emprego no pequeno comercio, pero as obras teñen que mellorar a vida dos cidadáns, non empeorala".


A ese respecto, Camiñas sinala que o problema co tráfico pesado non só supón un

prexuízo insalvable para o tráfico, senón tamén para os propios veciños da vila, que

van atoparse con camións e tráilers atravesados no cruce do Estraloxo a cada paso.

As obras feitas cos cartos dos cidadáns, engade Camiñas, "teñen que ser unha oportunidade para mellorar a vida dos veciños. Pero o goberno local de Rodeiro ten o dubidoso mérito de convertelas nun problema para os cidadáns". De aí que o PSOE inste a cambiar xa o proxecto e lle recorde ao executivo local que lle tenderon a man para facer un goberno de concentración ate as eleccións "que poña freo ao caos no que Rodeiro está instalado".


O PSOE de Rodeiro lembra que a obra da rúa Aviador Gumersindo Areán conta con orzamento salientable, de 449.671 euros, dos que 404.794 proceden del plan provincial ReacPon da Deputación de Pontevedra e os 44.867 restantes, de fondos municipais. Pero, aínda que é a Deputación quen pon practicamente todo o investimento da actuación, é o Concello o que elabora o proxecto que se leva a cabo e que o PSOE urxe que se modifique "antes de que cristalice a desfeita que se está fraguando actualmente".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page