top of page

O PSOE de Palas presentou unha moción pola defensa do territorio

Estivo centrada no debate da macrocelulosa que  Greenfiber SL e non saíu adiante, debido ao voto en contra dos 8 edís populares


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O PSOE de Palas de Rei indica que o pasado xoves 27 de xuño, no pleno ordinario da corporación municipal, "o noso grupo a través da voceira municipal, Ana Corredoira, defendeu unha moción pola defensa do territorio, situando no centro do debate a macrocelulosa que  Greenfiber SL (Altri-Greenalia) quere implantar no concello de Palas de Rei. A moción non saiu adiante, debido ao voto en contra dos 8 edís do grupo popular, que non aportaron ningún argumento para xustificar a súa postura".

En concreto, o Grupo Socialista do Concello de Palas de Rei presentou para a súa aprobación polo Pleno Municipal os seguintes ACORDOS:

 

  • "Instar á Xunta de Galicia a que cumpra cos compromisos europeos en materia de conservación de hábitats e protección da biodiversidade, un compromiso xa adquirido en maio do 2021 no Parlamento Galego pero que segue sen materializarse ao non retomar o traballo de ampliación dos espazos protexidos incluídos en Rede Natura 2000. Informar de xeito favorable a instalación da planta promovida por Altri-Greenalia no emprazamento considerado, podería representar unha grave neglixencia dende o punto de vista medioambiental, que en ningún caso debería chegar a producirse.

  • Instar á Xunta de Galicia ao desenvolvemento de normativas garantistas coa saúde ambiental, alineadas cos obxectivos comunitarios en materia de desenvolvemento sostible. É obrigado responder ante unha declaración do proxecto promovido por Greenfiber SL de Proxecto Industrial Estratéxico que entra en contradicción coa aprobación da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. Unha lei adaptada á Lei 7/2028, do 20 de xullo, de modificación da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade. A regulación que contén esta lei pretende levar a cabo unha protección transversal do patrimonio natural galego, integrando os requisitos de conservación, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da


Publicidade

biodiversidade nas demais políticas sectoriais, e fomentar a información pública e os mecanismos de colaboración, cooperación e participación da sociedade na consecución dos seus obxectivos. Con esta nova lei procédese á adaptación do réxime de autorización administrativa ao disposto na Lei 20/2013, do 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, que deseña un sistema que elimina regulacións innecesarias, establece procedementos máis áxiles e minimiza as cargas administrativas, co fin de fomentar e impulsar o emprendemento e a iniciativa dos operadores económicos. Non obstante, esa pretensión non pode descoñecer as especificidades de seu do relacionado co patrimonio natural e a biodiversidade na súa interacción coas persoas, especialmente atendendo a necesidade de fomentar a súa preservación e o uso sustentable, o que fai preciso configurar un réxime propio descrito nesta lei respecto da exixencia de autorización, que se funda en razóns de protección do medio, as cales constitúen unha das razóns de interese xeral previstas no artigo 17.1 da dita lei.


Publicidade

  • Instar á Xunta de Galicia, e aos membros do executivo autonómico que "fronte aos intereses económicos que poñen en risco a sostibilidade social, económica e ambiental do noso territorio, do noso país, asuman a responsabilidade de defender dende o público, os nosos recursos, o noso tecido socioeconómico e a nosa calidade de vida. O que corresponde nun momento como o actual é actuar con rigor e imparcialidade, defendendo os intereses e a vida dos galegos e das galegas. Toca cuestionar o agresivo e deshonesto greenwashing practicado por industrias contaminantes, como a plantexada por Altri-Greenalia, e deixar de cuestionar e desacreditar, sen datos nin argumentos validados, á veciñanza e ás voces que dende distintas áreas do saber e do coñecemento, analizaron e avaliaron o proxecto promovido por Greenfiber SL dende unha visión crítica, técnica e apolítica. En definitiva, debemos esixir ao goberno autonómico que actúe tal e como corresponde, afastándose desa “labor comercial” a favor desta industria que vén exercendo nos últimos meses, nunha práctica que é totalmente indecente e irrespectuosa cos galegos e galegas, especialmente con aquelas poboacións que dun xeito moi directo e irreversible se verían afectadas polo impacto desta planta".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page