top of page

O PSOE de Monterroso asegura que o Concello perdeu unha axuda de 40.000 euros para a pista de pádel

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ecos da Comarca/Monterroso

"A alcaldesa volveu unha vez máis a tratar de enganar aos veciños de Monterroso, tralo

anuncio feito en días pasados de que as obras da terceira pista de pádel foron financiadas pola Consellería de de Infraestruturas e Mobilidade que tiveron un custe de 77.000 euros", apunta o PSOE de Monterroso. "Lexos da realidade expresada pola Alcaldía a verdade desta cuestión é que o Concello perdeu unha subvención da Dirección Xeral da Administración Local por un importe de 40.000 euros que o organismo autonómico concedeu ao Concello de Monterroso", asegura.

Os socialistas sinalan que "a mala xestión do equipo de goberno foi o que motivou a perda desta axuda e que agora temos que pagar do peto de tódolos veciños de Monterroso por mor de non xustificar en prazo as obras que eran obxecto da subvención".


A cronoloxía deste proceso administrativo, segundo o PSOE, foi o seguinte:

  • O 31 de maio de 2021 a Alcadía recíbe unha comunicación da Dirección Xeral da Administración Local, notificándolle a resolución da concesión de subvención para instalación dunha pista de pádel cuberta por un importe de 40.000 euros. Na mesma resolución tamén se facía a advertencia de que as obras deberían de estar executadas e xustificadas a 31 de outubro de 2021.

  • O 14 de setembro de 2021 faise o anuncio de licitación da obra.

  • O 25 de outubro de 2021 faise o anuncio da axudicación despois de reunirse a mesa de contratación en dúas ocasións.

  • O 27 de outubro de 2021, sae publicado no DOGA de Vicepresidencia primeira unha prórroga para xustificación destas obras ata o 15 de novembro de 2021.


"A obra en cuestión fora xa de cumprir cos prazos establecidos pola Xunta de Galicia para a obtención desta axuda económica para a construción da terceira pista de padel que entrou en funcionamento o pasado, sábado, día 12 de marzo de 2022, segundo anunciou a Alcaldía aos medios de comunicación, trasladando a cidadanía de que a citada obra fora obxecto dunha subvención da Xunta de Galicia, non sendo certo tal afirmación tal e como demostramos neste comunicado".


Ademais subliñan que "cabe dicir que foi tal a desidia deste proceso que dende que o Concello recibiu a notificación da subvención a 31 de maio, dende o equipo de goberno non se fixo nada ata mediados de setembro que se sacou a licitación da obra, adxudicando a mesma o 25 de outubro, tendo a empresa adxudicataria un prazo de 23 días para a execución das obras, contando xa coa prórroga concedida por Vicepresidencia Primeira. Unha verdadeira temeridade para as arcas municipais, sabendo que era imposible cumprir cos prazos establecidos".

"Despois desta exposición detallada queda de manifesto o desleixo do equipo de goberno na xestión dos recursos públicos e que por mor do mesmo somos os veciños de Monterroso os que vamos a pagar do noso peto o mal proceder dos gobernantes municipais. Monterroso e os seus veciños non se merecen unha alcaldesa que lles minta novamente, cuestión que xa ten por hábito a Alcaldía e que unha vez máis queda retratada polas súas propias palabras. De feito, xa non nos sorprende este comportamento da alcaldesa, xa que cando minte en sede xudicial tal como quedou demostrado nunha sentenza xudicial polo despido dun traballador municipal con menos pudor o fai cos veciños de Monterroso", acusan os socialistas.


Dende o grupo socialista, esíxenlle a Alcaldía e ao seu equipo de goberno "máis dilixencia na xestión dos recursos públicos e que ademais teñen a obriga de facelo en defensa dos intereses do Concello, que para eso están e non só para ingresar as súas abultadas nóminas a finais de mes".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page