top of page

O PSOE de Lalín ve a un Crespo "con medo e falto de argumentos para xustificar a súa mala xestión"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

“Sabemos que nos ve como o único rival, posto que é contra o único partido que

arremete, algo ao que nos ten acostumados”, indica a concelleira socialista Alba

Forno


Ecos da Comarca/Lalín

"O Partido Popular de Lalín ten acostumado ao PSdeG-PSOE aos ataques continuos, en

plenos, notas de prensa, publicacións en redes e demais. Mais, esta fin de semana fixo

unha mostra do medo que lle ten aos socialistas de cara ás eleccións a través dunha

opinión baleira de argumentos e con pouco que contar á veciñanza. Vemos como

nunha “opinión” do único partido que fala é do PSOE, esquecéndose de que na

oposición hai máis partidos. Quizais isto reflexa que ao único partido que ve como

principal rival é o noso”, alude a concelleira socialista e secretaria xeral, Alba Forno.

Alba Forno.

Entre outros argumentos, fala de que a actual política contrasta coa de antes e dende

o PSdeG quérenlle recordar porque é totalmente diferente. "Un dos puntos claves é

falta de transparencia e de democracia que o equipo de José Crespo exerce cada vez

que está no Goberno". “O único que fai é crispar á oposición poñéndolle trabas para

acceder a informes ou dándolle acceso a documentación 50 minutos antes dun pleno,

impedindo así que poidamos ler e estudar os temas e fiscalizar a labor que fan, que lle

lembramos que esa é o noso traballo, posto que representamos a unha boa parte da

veciñanza”, recrimínalle Forno.


Xa que fala de “versión máis ruidosa, enfurecida e superlativa”, os socialistas

convídano a que mire como eran os plenos durante o cuatripartito e como son agora.

Forno indícalle que “só botando unha ollada darase conta da gran diferenza. Cremos

que agora conta cunha oposición exemplar, polo menos dende o noso partido non hai

faltas de respecto constantes. Porén, vemos como eles aproveitan para aludir a temas

persoais dos nosos concelleiros e incluso trasladan isto familiares dos nosos

concelleiros, que nin forman parte da corporación nin do noso partido”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por outra banda, sinala que "non asume a súa mala xestión", pero dende a bancada socialista mencionan temas "coma o CIS, que leva anos de retraso da súa man; as obras do Xesús Golmar, máis do mesmo; a ausencia de ambulancia medicalizada, que nin está nin se lle espera; as pistas de atletismo, que seguen sen avanzar; o saneamento integral do rural, que practicamente non houbo ningún de tantos que prometeu; máis de 3 millóns de euros de facturas reparadas e un longo etcétera. Non asume a mala xestión do seu equipo de Goberno, pero os feitos demostran todo o contrario. Con el no Goberno volve a débeda e volven os “amiguismos”, iso si que o sabe facer ben”, apunta a concelleira socialista.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page