top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE de Lalín urxe executar o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) presentado en 2019

Os socialistas lamentan "a desidia do goberno para implementar un plan que solucionaría moitos problemas de seguridade vial e mobilidade" neste concello


Ecos da Comarca/Lalín

O concelleiro socialista de Lalín, Mario López, escoitou os veciños da Ronda Leste para coñecer de primeira man a problemática que supón o estacionamento de camións no arcén da estrada que une Lalín e Ourense. O edil indica que é evidente que “hai un risco real para os cidadáns que transitan por esta rúa” e que “de estar executado o PMUS esta problemática xa estaría solucionada para os transeúntes” e tamén para “os camioneiros que non teñen alternativas viables de estacionamento”.

Dende o partido socialista advirten que este caso "súmase á unha lista, cada vez máis longa, de problemas relacionados coa seguridade vial e a mobilidade do concello". López recordou que o Plan de Mobilidade Urbana Sostible é un proxecto do goberno de coalición que o goberno do partido popular “recurtou” e “tentou presentar como propio”.

O concelleiro socialista afirma que "catro anos depois de presentar o proxecto os veciños e veciñas poden constatar que os avances na implementación do PMUS son mínimos” e lamenta que “atoparon un proxecto feito e non foron quen de sacalo adiante”. López denuncia o “abandono total de funcións” neste eido e criticou que non se coñeza ningún avance en medidas que mellorarían a seguridade vial e a mobilidade neste oncello como “o taxi-rural, os camiños escolares seguros, a urbanización da Ronda Leste, no transporte público, etc.”.

Publicidade

Dende o PSdG instan ó goberno local a “poñerse a traballar canto antes” para dar solución aos “problemas reais da cidadanía” neste eido e a abandonar a propaganda como única acción de goberno.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page