A bancada socialista súmase "á denuncia feita por FAC-USO" e cuestiona "que se siga
adiante a pesar das alegacións presentadas"
Ecos da Comarca/Lalín
A bancada socialista de Lalín apoia as alegacións presentadas pola Federación de
Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia e cuestionan "a viabilidade
das bases presentadas para a estabilización de emprego no Concello de Lalín". "A
convocatoria xa foi recorrida por este sindicato, mais dende o Goberno seguen adiante
sen atender ás alegacións que se lle presentaron", acusa o PSOE.

“Queren darlle présa, porque estanse achegando as eleccións”, apunta a concelleira socialista María Luz Iglesias e insiste en que se lle está a "dar prioridade á consolidación de postos que contan con antigüidade, pero non se pode seguir adiante neste proceso mentres non se coñeza a determinación da Fiscalía ante as demandas presentadas. Hai persoas que pasaron por un proceso de selección recente e quedarán fóra da consolidación por non contar con anos no posto de traballo”, explica a edil.
Iglesias indica que "semella que o que buscan é favorecer aos próximos a eles, por iso
consideramos que as bases deberían estar mellor elaboradas e que é mellor facelas ben que non rápido” e engade que “como se aproximan as eleccións quixeron acelerar este proceso, seguramente coa finalidade de seguir cos “amiguismos”. Así mesmo, esta situación traerá mal estar nos diferentes eidos que se convocan as prazas, “dos que xa somos coñecedores”".
Tamén lémbralle aogGoberno de Crespo que "anunciou "“a bombo e platillo” que faría a RPT en canto entrase no Concello, pero “onde está elaborada? Nin está, nin se lle espera. Este incumprimento súmase a outros tantos de Crespo, que moito fala e pouco fai. E cando ten que sacar algo para adiante, opta pola vía rápida e sen atender as queixas e os malestares que provoca”, conclúe a edil socialista.
Comments