top of page

O PSOE de Lalín solicita a posta en marcha dun sistema de transporte público colectivo

Ecos da Comarca/Xeral

O PSOE de Lalín presentará unha moción no vindeiro pleno a través da cal solicita a posta en marcha dun sistema de transporte público colectivo. Sinala que o transporte público, como alternativa ao vehículos privado, é de vital importancia no novo modelo de mobilidade sostible, especialmente cunha axeitada intermodalidade cos medios de desprazamento activo (a pé e en bicicleta).

E explica que a implantación dun sistema de transporte público colectivo presenta numerosas vantaxes para a comunidade e os usuarios, entre as que destacan:

A. Redución do nivel de contaminación.

B. Redución da conxestión do tráfico.

C. Máis seguro que o vehículo particular.

D. Aforro de tempo para os usuarios.

E. Garante a mobilidade de colectivos que non teñen acceso a vehículo particular.

F. Máis económico que o vehículo privado.

G. Accesible para toda a poboación.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"Na actualidade a sociedade lalinense ten unha gran dependencia do vehículo particular para realizar desprazamentos no ámbito municipal. Esta realidade vén determinada, en gran medida, por catro variables: a extensión do territorio municipal, a dispersión dos núcleos de poboación e dos centros atractores de Lalín (centros administrativos, áreas deportivas, centros de ensino, polígonos, estación de autobuses, cemiterio/tanatorios, etc.) e, sobre todo, pola ausencia de alternativas de transporte público que conecten puntos estratéxicos do noso municipio. Ademais, factores como o inminente desprazamento do centro de saúde cara á parroquia de Donramiro ou a ampliación do polígono Lalín 2000 incrementarán, no curto e medio prazo, a dependencia do vehículo particular para realizar desprazamentos no ámbito municipal. Cómpre ter en conta que, nos últimos anos, ao mesmo tempo que aumenta a demanda do vehículo particular diminúe a oferta de prazas de estacionamento na nosa vila".


En vista dos datos postos de manifesto o Grupo Municipal Socialista propón ao Pleno do

Concello a adopción do seguinte acordo: Posta en marcha dun servizo de transporte colectivo público que responda aos seguintes obxectivos:

1. Conectar regularmente os principais centros atractores de Lalín: centro de saúde, centros administrativos, áreas deportivas, centros de ensino, polígonos, estación de autobuses.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

2. En período estival ampliar o servizo para facilitar os desprazamentos cara puntos de especial interese turístico: Pozo do Boi, Fragas de Catasós, Pazo de Liñares, etc.

3. Implantar un sistema de bonificacións que garanta o acceso universal ao servizo de

transporte público colectivo por parte de todos os usuarios e que contemple a gratuidade

para maiores de 65 anos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page