top of page

O PSOE de Lalín solicita a posta en marcha dun 'bono comercio' para apoiar e fomentar as compras no comercio local

Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín instar ao Goberno Municipal a activar no ano 2024 un “Bono Comercio”

dotado dunha partida orzamentaria suficiente e nunca menor aos 40.000 euros,

coa que fomentar as compras no noso comercio de proximidade e favorecer así

a dinamización económica e social do concello de Laín. Con este fin levará unha moción ao vindeiro pleno.

O sector do comercio de proximidade, sinalan os socialistas, constitúe un eixo fundamentl para a economía de Lalín. "Mostra diso son os 200 establecementos que temos no municipio, grazas aos que traballan moitos veciños e veciñas. Porén, desempeñan en moitas ocasións unha verdadeira función social, sendo elemento de desenvolvemento económico e factor de vertebración e fixación de poboación en zonas interiores e de territorio rural como é Lalín".


Publicidade

Pero o pequeno comercio de proximidade, sinalan, arrastra anos de dificultade, motivados en parte polos novos hábitos de consumo e a competencia das grandes empresas de comercio dixital. A isto sumouse en 2020 e 2021 a crise da Covid-19, que supuxo unha auténtica paralización da actividade económica coas consecuencias que iso xerou para o sector. "A pandemia puxo en risco a continuidade de numerosos comercios e empresas da nosa vila, ocasionada por unha perda de ingresos que durou moitos meses. Unha vez superada a pandemia, produciuse un escenario de inflación provocado pola situación xeopolítica e os conflitos internacionais, que volveu afectar negativamente ao sector. Actualmente estase consolidado o proceso de recuperación e as Administracións deben apoiar e acompañar o tecido produtivo incentivando e fomentando o comercio de proximidade para reactivar a actividade económica de empresas e negocios locais".


Publicidade

Por todo iso, o PSOE considera que o Concello de Lalín "debe adoptar as medidas necesarias para minimizar o impacto da prolongada crise neste sector fundamental para a

nosa vila e tomar políticas activas que supoñan un revulsivo para o pequeno

comercio. Unha das iniciativas propostas en numerosas ocasións polo propio Grupo

Municipal Socialista consiste na activación dunha campaña específica de axuda

ao comercio local mediante a posta en marcha dun “bono comercio” que incentive as

compras nos establecementos da vila, especialmente en épocas como o Nadal. Este

tipo de campñas son habituais e están tendo moito éxito noutras cidades e vilas, odne

logran dar un novo impulso ao comercio local".


A campaña irá dirixida a todas as persoas maiores de 18 anos empadroadas no

municipio. O sistema proposto pode ser similar ao impulsado noutros municipios con

gran éxito e pasaría por bonos cun importe cun custe do 50% para os usuarios, a

gastar en establecementos adheridos á campaña.


Publicidade

"Esta iniciativa xerará un aforro moi relevante aos lalineneses, que poderán obter

importantes descontos nas súas compras ao tempo que se incentiva o gasto e o

consumo no noso tecido produtivo. Estas axudas serían moi ben recibidas tanto polos

comerciantes, que verían ixectada unha importante partida económica nos seus

negocios, como pola veciñanza, que aforraría nas súas compras, en especial nunha

época de maior consumo como é o Nadal.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page