top of page

O PSOE de Lalín sinala a Crespo "como o responsable das neglixencias na área de Deportes"

“O concelleiro de Deportes e o alcalde non poden mirar cara outro lado mentres os

clubs deportivos están sufrindo un caos pola mala organización dos espazos

deportivos”, asegura o concelleiro socialista Mario López


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín esixe, unha vez máis, que o concelleiro de Deportes tome "responsabilidades ante a mala xestión na organización dos espazos deportivos". “O

concelleiro Avelino Souto está levando a situación a un extremo insostible e causando

numerosos problemas aos clubs, pero parece que está abalado por José Crespo, quen

tamén é responsable desta situación”, asevera o concelleiro socialista Mario López.


Sinala que "xa son varios os clubs que protestaron por chegar ás instalacións e telas ocupadas por outro club ou outra actividade, sen previo aviso". Como reflexo, hai unhas semanas, dende a bancada socialista manifestaron "o caos que se produciu pola celebración da Gala do Cocido no Lalín Arena, posto que dende a Área de Deportes avisaron tarde aos clubs que empregan este espazo e algúns deles a día de hoxe seguen sen resposta de onde poderían adestrar durante o período que estivo ocupado. Así mesmo, comunicáronlle unhas datas de ocupación que logo non se cumpriron, posto que antes do indicado, os slubs xa non podían empregar as instalacións. Esta situación provocou que chegasen grupos a adestrar ao Lalín Arena, aos seus espazos habituais, e logo tivesen que marchar para outras áreas.

Así mesmo, recalca que “as faltas de respecto de Avelino Souto e do alcalde cara aos clubs de Lalín son continuadas, pero non pode ser que nin sequera se digne a dar a cara e darlles unha reposta. Algúns dos clubs tiveron que buscarse a vida por si mesmos para poder darlle continuidade aos seus adestramentos diarios, posto que non poden paralizalos en períodos de competicións”, expón o concelleiro.


Recentemente, sinala, outro club puxo en manifesto o seu malestar pola ocupación do pavillón durante as últimas semanas, “que cederon por colaborar con outros equipos, pero teñen dereito a contar cun espazo para seguir coa súa actividade diaria. É lamentable que

sexan os propios clubs os que se teñan que organizar entre eles, un traballo que é de Souto, pero a súa nefasta xestión leva a unha situación de caos na área deportiva”, asegura López.


Outra mostra "do descaro deste concelleiro son os desplantes continuados que sofren as

agrupacións deportivas. Cando solicitan unha reunión co concelleiro, encaixan as súas

axendas coa del e se presentan para tal fin, non o fan porque queiran saudalo, senón

porque precisan da súa aprobación para levar algo a cabo”, indica López e engade que “é

incrible que, de xeito reiterado o concelleiro nin se presentase nin lle respondese as

chamadas dándolle unha explicación da súa ausencia”. Ademais, indica que tampouco

lles da resposta vía teléfono ou outro medio para poder levar as xestións a cabo. “Así

durante períodos longos, co retardo que provoca para que un club poida organizar un evento ou calquera actividade, que sempre son un atractivo para a vila e un xeito de

potenciar o noso deporte”, resalta.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por outra banda, os socialistas xa advertiron da mala organización na distribución das

áreas para a práctica do deporte, que en ocasións provocou que dous clubs coincidisen

nun mesmo espazo para levar a cabo os seus adestramentos. “Esta situación leva a un

malestar entre clubs. Souto e Crespo non saben o que é xestionar un club ou un

adestramento, con máis de 30 rapaces/as e ter que desprazalos a outra área, provocando

que os clubs sexan os que dean a cara ante as familias”.


Dende a bancada socialista móstranse “cansos” ante a "ineptitude de Avelino Souto" e

sinalan a Crespo como o responsable de todo o caos que se está a causar. “O concelleiro

de Deportes e o alcalde non poden mirar cara outro lado mentres os clubs deportivos

están sufrindo un caos pola mala organización dos espazos deportivos”, conclúe López.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page