top of page

O PSOE de Lalín responsabiliza a Avelino Souto "do absoluto fracaso da 38ª edición de Feiradeza"

"Á ausencia total de público sumouse a eliminación da poxa de gando, a falta de explotacións locais e de stands comerciais do sector", sinala


Ecos da Comarca/Lalín

O Partido Socialista de Lalín asegura que o concelleiro Avelino Souto "está acabando co certame de gando frisón, Feiradeza", e acúsao "de ser o responsable do fracaso estrepitoso e sen precedentes da 38º edición, celebrada durante a pasada fin de semana". Os socialistas explican que "o público asistente foi o menor en 38 anos de historia e fan fincapé na pésima imaxe que deixan as bancadas do Lalín Arena totalmente baleiras durante a maior parte das xornadas".


Publicidade

O PSOE fai responsable do "afundimento de Feiradeza a Souto e cúlpao de manipular ao seu antollo o certame facendo que, como quedou demostrado, perda totalmente o atractivo tanto para público como para os propios gandeiros, que xa non comulgan coa súa utilización do evento".


Os socialistas sinalan que responsables de varias exlpotacións do concello contactaron co Grupo Socialista para alertar do "descalabro do certame, que á ausencia de público lle sumou a eliminación por primeira vez na historia da poxa de gando, a ausencia inaudita de animais de explotacións locais, ou a falta de “stands” e postos de firmas do sector que lle engadían atractivo e dinamismo á feira".

Publicidade

Porén, esixirán explicacións para saber a onde vai parar cada céntimo dos arredor de 100.000 euros que se destinan a Feiradeza. “Avelino Souto prometeu potenciar Feiradeza e está acabando coa Feira, que agora mesmo está moi lonxe de representar o altísimo nivel do sector lácteo e agrogandeiro de Lalín e da comarca”, sinalan. Finalmente, o PSOE de Lalín asegura que "este fracaso é froito dun goberno que despois de poñerse os soldos máis altos da historia do noso concello marchou de vacacións abandonando por completo a xestión municipal”.







0 comentarios

Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page