O PSOE de Lalín require o plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais
- ecosdacomarca

- 22 ago 2025
- 2 Min. de lectura
Os socialistas cuestionan a súa existencia
Ecos da Comarca/Lalín
O PSOE de Lalín require información sobre o plan municipal de prevención e defensa contra incendios que o Goberno de Crespo leva anos anunciando que está en elaboración. Os socialistas sinalan que hai constancia do PACES de Lalín (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible), aprobado en 2020, pero no mesmo inclúese unha liña de actuación “Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais”, do cal se descoñece información. “É obrigatorio e no caso de non telo, o Goberno de Crespo estaría incumprindo a Lei”.

“O Goberno indicou que estaba elaborando un plan, pero actualmente non consta que o
presentasen e tampouco o teñen a disposición da cidadanía na web, por iso preguntaremos en que punto se atopa a creación do mesmo”, explica a portavoz socialista,
Alba Forno. Falaron de que “poñerse en contacto co Distrito Forestal para logo determinar os pasos a seguir: “Finalmente puxéronse en contacto con este organismo?”. Ante isto,
considera que xa debería estar en activo e con información completa e actualizada para
actuar ante unha circunstancia como a que se está a vivir en Ourense nesta última
semana.
Publicidade
Forno pide coñecer que información se incluirá en dito plan, no caso de que se “estea creando realmente”, e no caso de que desbotaran dispor dun plan propio de prevención de incendios, "como parece coas súas erráticas e incompresibles actuacións como usar unha motobomba para regar macetas mentres a provincia de Ourense empezaba a arder,
estaríamos ante unha proba máis da desidia e falta de xestión por parte de Crespo".
Publicidade
Tamén cuestionan se actualmente teñen constancia do número de depósitos de auga que
hai no territorio municipal “e se os teñen xeolocalizados, xa que é de vital importancia ante un lume”.








Comentarios