O PSOE de Lalín recrimina ao goberno por ignorar "as inumerables queixas do estado deplorable do cemiterio vello"
- ecosdacomarca
- 9 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Acúsao de "vivir inmerso no postureo político máis escabroso ao converter nun acto político por todo o alto do PP a inauguración da Fraga do Alén"
Ecos da Comarca/Lalín

O concelleiro socialista de Lalín, Mario López, acusou este luns ao goberno local de "vivir inmerso no postureo político máis escabroso ao converter nun acto político por todo o alto do PP a inauguración da Fraga do Alén, mentres ignora as inumerables queixas de veciños e veciñas sobre o estado deplorable do cemiterio vello, que o concello mantén completamente abandonado".
Publicidade
“Non cuestionamos a ampliación do ceminterio novo, pero o que é lamentable é que se utilice esta actuación para autobombo de políticos que nada tiveron que ver con ela, pois foi unha obra apoiada polo goberno socialista de Carmela Silva na Deputación, mentres se abandona por completo o cemiterio vello", indica.
Publicidade
López sostén que o vello camposanto precisa un desbroce urxente. “As herbas pasan por enriba dalgúns nichos baixos e a pista de acceso está invadida en gran parte pola maleza”. “Son moitos os veciñ@s que visitan o camposanto e nos transmiten as súas queixas. Hai que lembrar que temos unha concelleira de cemiterios que supoñemos que algo terá que facer”, conclúe.
NOTICIA RELACIONADA:
Inauguradas a mellora e ampliación do cemiterio Fraga do Alén en Lalín: https://www.ecosdacomarca.com/post/inauguradas-a-mellora-e-ampliaci%C3%B3n-do-cemiterio-fraga-do-al%C3%A9n-en-lal%C3%ADn
Comments