Apostará por potenciar o comercio local durante todo o ano e “non poñelo no foco só en períodos como Nadal ou na Feira do Cocido, que xa son épocas nas que as compras aumentan”
Ecos da Comarca/Lalín
O PSdeG-PSOE de Lalín levará a cabo no vindeiro mandato medidas para dinamizar e
potenciar o pequeno comercio, “que é un sector fundamental no noso concello”, puntualiza o membro da candidatura de Alba Forno, Anxo Álvarez. O programa do grupo socialista contemplará varias medidas que levarán a cabo no vindeiro mandato.

Por unha banda, destinarán de maneira anual 40.000 euros para un programa de bonos. “É dicir, cada veciño/a contará cun bono euros para gastar nos locais (comercio e hostalería) que queiran sumarse a esta iniciativa. Poñeranse a disposición da veciñanza tres tipos de bono en función dos gastos que se realicen: en compras superiores a 30, 10 ponos o Concello; en superiores a 50, 20 euros ponos o Concello e en 75, 30 euros ponos o Concello. As persoas solicitantes poderán escoller entre calquera destas opcións. “É un
xeito de animar á veciñanza a que faga as súas compras en Lalín”, explica Álvarez. Sinala
que é unha medida que xa está a funcionar noutros concellos e que mesmo de a Xunta a
lanzaron e “xa quedou demostrado que foi un éxito. Con este investimento chegaríase a
unha inxección económica de 200.000 €”.
Lembra que neste mandato, dende o PSOE de Lalín xa se presentou unha moción neste
sentido, mais dende o Goberno consideraron que non era medida axeitada porque para
iso facían as Aldeas de Nadal. “Sen menosprezar este proxecto, que seguro manteremos
en activo e potenciaremos, hai que ter en conta que o comercio e a hostalería no período
de Nadal xa se potencia só. Son épocas nas que as compras sempre soben. O problema
está o resto do ano”, expón o candidato.
Por outra banda, nos próximos meses levarase a cabo o proxecto de acondicionamento
da parte de abaixo da Praza de Abastos, unha medida que dende o PSOE xa puxeran
como prioritaria no anterior mandato e que será feita a través do financiamento do
Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana, que achega 1,1 millóns de euros.
“Este é un espazo que necesita potenciarse e darlle vida. En numerosas vilas as Prazas
son puntos importantes e nós queremos que en Lalín, a Praza de Abastos sexa un
referente”.
Outras medidas que contemplan, está humanizar máis rúas, “que foi un proxecto que
puxeron en marcha no anterior Goberno e que se ve noutras vilas como na Estrada que
funcionan para dinamizar o comercio e a hostelería”. Así mesmo, potenciaranse feiras
como a do Libro, de Productos de Lalín, de Oportunidades e outras para fixalas nos calendarios e que sexan tamén datas para potenciar o comercio. A maiores, dende o
Goberno faranse campañas de sensibilización para concienciar á veciñanza sobre a
importancia de mercar no comercio local e “tamén aproveitaremos Fondos Europeos para
potenciar a dixitalización”.
Comments