top of page

O PSOE de Lalín propón a ampliación da senda peonil ata Pareizo pola estrada provincial

“As sendas actuais que para Crespo eran “deslabazadas e inconexas” demostraron

ser un acerto rotundo e están a ser moi utilizadas, polo que imos aumentar as conexións”, indica Forno


Ecos da Comarca/Lalín

Os socialistas de Lalín propoñen a ampliación da senda peonil da EP-6009, pertencente

ao proxecto do Cinto Verde ata Pareizo. “A actual vía demostrou ser un acerto e son

ducias de veciños e veciñas que a empregan a diario, polo que imos ampliala ata o lugar

de Pareizo (Goiás) para darlle máis seguridade aos peóns nesta área moi transitada

tamén por vehículos”, explica Alba Forno.


Esta proposta, sinala, "daríalle continuidade a un proxecto pioneiro que naceu co obxectivo de conectar o casco coa contorna e darlle amplitude ao Paseo do Pontiñas, ao contar con zonas periurbanas polas que transitar e facer de maneira segura e entre natureza. Cada vez son máis as persoas que empregan as novas sendas e por iso, no futuro goberno, seguiremos aumentando o Cinto Verde con esta primeira ampliación pola estrada provincial”.

Forno lembra que o proxecto do Cinto Verde posto en marcha polo goberno anterior foi moi criticado polo alcalde, José Crespo, “mais demóstrase que foi un éxito”. Tanto, que apunta

recentemente o propio goberno do PP "anunciou a ampliación das sendas peonís que van

dende o a rotonda do Carrefour ata a capela de San Benito de Xaxán e tamén trazarán outra dende a Carballeira do Rodo ata a urbanización da área do Mercadona". Dende o

PSdeG-PSOE de Lalín recórdanlle a Crespo as súas propias palabras cando asegurou

que “el non executaría este proxecto” e que estas sendas eran “deslabazadas e

inconexas”.


Ante isto, os socialistas aseguran que o propio mandatario recoñece agora que se trata dun gran proxecto para Lalín e acúsano de ser "un especialista do cinismo e da

mentira", ao tempo que lle preguntan a que se debe este cambio de parecer “e se agora

considera que estas zonas xa non son tan inconexas”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Os socialistas de Lalín indican que o Cinto Verde “é un magnífico xeito de conectar as

zonas da contorna do casco urbano e de darlle seguridade aos peóns que transitan por

esas vías, ampliando os itinerarios para o ocio saudable” e inciden en que ata Crespo se

decatou de que é un éxito. “Como foi un proxecto do anterior goberno, cando estaba na

oposición só quería ensucialo, pero agora observa a realidade”, afirman.


Ademais, os socialistas recalcan que estas sendas son espazos polos que poden transitar

persoas con mobilidade reducida ou familias con carros de cativos/as sen ningún

problema, xa que son espazos adaptados e cómodos para camiñar pola natureza de

forma segura.

Yorumlar


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page