Insta ao alcalde "a revisar o proceso e limpar calquera tipo de dúbidas no proceso
selectivo de estabilización"
Ecos da Comarca/Lalín
Ante a recente reclamación dun aspirante ao proceso selectivo de estabilización, os/as
socialistas de Lalín mostran a súa preocupación polas constantes dúbidas “sobre o
nepotismo que presuntamente se está dando neste proceso e reclámalle a Crespo “a
claridade e transparencia necesarias nun proceso desta índole e se hai fallos recoñecelos
e emendalos antes que tirar abaixo todo o proceso”.

Para Alba Forno, candidata socialista á Alcaldía de Lalín, a situación creada parece que da a entender que “o que está no aire é que novamente Crespo usa ao Concello para os intereses dos seus achegados do PP e non debería haber ningunha dúbida sobre o proceso”.
Os/as socialistas lembran que a Lei é clara “se hai no tribunal familiares dos aspirantes,
eses membros do tribunal deben renunciar porque viciarán todo o proceso, polo tanto a
decisión está clara: se hai relacións familiares entre concursantes e tribunal hai que
cambiar ao tribunal”. O PSOE lalinense indica que “pode ser certo que tratándose dunha
vila estas cousas pasen, pero co PP pasan con demasiada frecuencia e a opción que se
toma moitas veces é invitar a funcionarios doutros Concellos ou da Deputación provincial
como membros do tribunal”.
O grupo socialista considera que "para evitar males maiores e as denuncias de favoritismo, que non negan por ningures, debe actuar con transparencia porque no Concello de
Lalín todo o mundo máis ou menos sabe como se fixo a provisión de postos de traballos
durante moitos anos e non foron os méritos ou as capacidades os que prevaleceron tal e
como marca a Lei, se non a afinidade política ou familiar”.
Comments