top of page

O PSOE de Lalín preguntará no Pleno pola mortalidade en granxas da Rocha e polas talas no Sobreiral

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal dos socialistas, Alba Forno, expresou "a preocupación ante a falta de

acción e claridade do goberno local do Partido Popular en relación con temas de gran

relevancia ambiental que afectan o municipio e que se foron coñecendo nas últimas

semanas". Así, o grupo municipal instará ao Concello a pronunciarse sobre os episodios de

excesiva mortalidade animal denunciados nunha granxa de porcos situada na Rocha

(Dozón). Explica "que este caso, ademais de suscitar inquietude en materia de benestar

animal, expón dúbidas sobre o seu posible impacto nas captacións de auga que abastecen a Lalín e que se atopan augas abaixo da devandita explotación".

Deste xeito, preguntarán no Pleno se o goberno local realizou algunha xestión ou tomou medidas para coñecer se estas instalacións poden afectar dalgún modo ás augas de Lalín e, polo tanto, á saúde pública e ao medio ambiente.


Doutra banda, preguntarán se o goberno local estaba ao tanto sobre as talas de árbores frondosas autóctonas co obxectivo de plantar eucaliptos en zonas protexidas do Sobreiral

do Arnego pertencentes a Lalín e sobre posibles medidas do Concello para frear estas

prácticas. Lembra que este espazo natural ten un gran valor ecolóxico, polo que a súa

protección debería ser unha prioridade.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O PSOE de Lalín subliña que as políticas ambientais “van moito máis alá da recollida de

lixo nas estradas, un labor que parece ser o único eixo de actuación neste ámbito do

goberno de Crespo”. Afirman que o goberno local abandona temas cruciais como a xestión da auga ou a conservación de ecosistemas protexidos e por iso esixirán respostas claras e medidas concretas sobre estes temas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page