Ecos da Comarca/Lalín
O PSOE de Lalín pregúntalle ao goberno local a causa da denegación dun informe para a modificación do nome do CEIP de Vilatuxe. Na acta da xunta de goberno do 10 de novembro recóllese, sinala, a denegación dun informe favorable ao CEIP de Vilatuxe, necesario para poder levar a cabo a modificación do nome do centro. Os socialistas preguntan cal é a causa para denegar un trámite tan relevante e axudar, deste xeito, a que se leve a cabo a petición do centro.
Na petición o representante de dito CEIP indica que o día 5 de decembro de 2023 celebrarán o "50 aniversario do centro e gustaríanos facelo co cambio de placa nominativa, mostrando a designación do CEIP Plurilingüe Vilatuxe".
Publicidade
Cabe recordar que o nome actual do centro, Vicente Arias de la Maza, foi acordado pola corporación local do ano 1972 a cambio de que a filla deste, a condesa de Fenosa, sufragase os gastos dunha biblioteca para o citado colexio. Dita biblioteca nunca chegou, mais o nome perviviu ata os nosos días.
Publicidade
"Desde o PSOE de Lalín non sabemos cal pode ser esa razón para que o goberno local diga que "non está conforme co cambio proposto" e manifeste "o seu desexo de que continúe co nome actual". "Un bo goberno é aquel que atende á veciñanza, que escoita e que trata de axudar naquelas peticións lícitas, non un que se nega, sen razóns aparentes, a prestar os seus servizos".
Comments