top of page

O PSOE de Lalín pide "unha investigación interna no Concello tras destaparse casos de empadroamentos ilegais"

Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín solicitará formalmente ao Concello a apertura dunha investigación interna sobre os casos de empadroamentos irregulares descubertos tras a recente operación da Policía Nacional, que se saldou con tres persoas detidas por utilizar documentos falsos para obter permisos de residencia. 

Os socialistas levan tempo advertindo da posible existencia de irregularidades no Padrón Municipal, chegando a formular preguntas en pleno "que foron sistematicamente rexeitadas polo goberno local". Esixen que se esclareza se houbo unha falta de rigor nos procesos de empadroamento que puido ser aproveitada por determinados grupos para facilitar a obtención do permiso de residencia de maneira fraudulenta. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“O Concello ten a obriga de garantir que os empadroamentos se realicen con todas as garantías legais e de velar polo bo funcionamento da administración. Se houbo descontrol ou deixadez na xestión, é necesario depurar responsabilidades e corrixir os erros para que algo así non volva suceder”, sinalan desde o PSOE lalinense. 


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O grupo socialista insta ao goberno municipal a actuar con transparencia e a colaborar en todo momento coas autoridades para esclarecer os feitos e garantir que se cumpran as normativas en materia de padrón.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page