top of page

O PSOE de Lalín pide que se atendan as demandas da veciñanza da rúa P e se acondicione este viario

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín demanda que se atendan as demandas da veciñanza da rúa P e se acondicione e mellore este viario do casco urbano. "A veciñanza da rúa P reclama que se lle escoite e que se atendan as súas demandas, tras máis de dúas décadas sen actuacións que melloren as condicións desta rúa. Segundo expoñen, nalgunha ocasión mantiveron reunións con concelleiros do actual Goberno, quen previamente as eleccións, lles prometeron que había un proxecto para mellorar esta vía, pero que agora, segundo lles foi informado, este proxecto non existe".

O PSOE de Lalín reuniuse en días pasados con veciños da Rúa P.

En palabras da propia veciñanza “non somos só veciños/as para pagar impostos ou pedir o voto”.


Unha das eivas máis notables está no asfaltado, que se atopa en mal estado, con numerosos furacos, que mesmo algún deles tapou a propia veciñanza ante a falta de

atención e para evitar danos nos vehículos, aínda que a posteriori si lle botaron asfalto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Outra das principais problemáticas está na saída dun garaxe, posto que lle aparcan na

beirarrúa de enfronte e faise inviable que poidan saír os vehículos. Segundo comenta a

propia veciñanza, levan numerosos avisos á Policía Local, pero non lle dan máis

solución que poñer algunha multa ao vehículo en cuestión. Isto lprovoca grande malestar nesta zona, mesmo indican que durante o período das festas das Dores tiveron un furgón que lles dificultou a saída durante os 5 días, "pero dende a Policía Local non lle buscaron unha solución ante a falta de grúa".


Algúns dos edificios desta zona non teñen as baixantes, principalmente no tramo que

comunica coa Avenida González Taboada, polo que escorrega a auga pola rúa e

acumúlase no cruce coa rúa P, causando dificultades para transitar en períodos de

choiva.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tamén solicitan máis iluminación, pois no inverno está practicamente todo o día a

escuras e que tamén se teñan en conta cando se colocan as iluminacións das festas ou

de Nadal.


Así mesmo, hai unha finca situada nesta zona que está a monte e as silvas superan a

altura das persoas que transitan por ela, polo que solicitan que se lle esixa aos

propietarios/as que se cumpra a normativa e que a manteñan en bo estado, que

ademais dá mala imaxe.


En relación co anterior, a veciñanza tamén solicita unha maior limpeza ou de xeito

máis efectivo, xa que, segundo expoñen, os equipos de limpeza pasan de maneira

puntual cada certo tempo.


Por outra banda, piden que se atenda a colonia de gatos que hai na zona, que deixa as

súas feces na rúa e que causa un malestar entre os veciños e veciñas, ademais de

malos cheiros.


Finalmente, outra das grandes eivas é a nula adecuación das beirarrúas para as

persoas con mobilidade reducida ou carros das crianzas. Ademais de ser demasiado

estreita para transitar pola mesma, ten subidas e baixadas que imposibilitan transcorrer con normalidade con este tipo de transportes e provoca que estas persoas se teñan que meter na rúa para poder transcorrer por esta zona.


Ante todo isto, a propia veciñanza móstrase de acordo con que esta rúa sexa peonil, xa

que non causaría maior problema no tránsito de vehículos pola zona e evitaría,

principalmente, o problema de aparcamento que teñen diante do garaxe, xa que só

estaría permitido o paso para os garaxes da zona. Así mesmo, evitaríanse os problemas

de asfalto ante un menor tránsito de vehículos pola rúa e solucionaríase o estado das

beirarrúas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Lalín solicita a adopción

dos seguintes acordos:


1. Solicitarlle ao Goberno municipal que acometa coa maior prontitude posible

un proxecto de reforma integral da rúa P, que dea solución aos problemas

anteriormente expostos.


2. Solicitarlle ao Goberno municipal que valore a posibilidade de facer peonil esta rúa permitindo unicamente o paso aos garaxes, tal e como demanda a propia veciñanza, pois daría solución á maioría das deficiencias..

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page