top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE de Lalín pide que Crespo dea explicacións sobre a renuncia da axuda para mellorar a praza de abastos

Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín pide a comparecencia no vindeiro Pleno do alcalde do municipio, José Crespo, para que dea explicacións sobre a perda da axuda concedida polo Goberno de España a Lalín para acondicionar a planta baixa da praza de abastos e sobre as súas consecuencias para os intereses deste municipio.

Lembra que "en outubro de 2022 o Goberno central resolveu a convocatoria de axudas para rehabilitar edificios públicos a través do Plan para o Impulso da Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) financiado con cargo aos fondos europeos do Plan de

Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. Un dos máis de 400 proxectos aprobados foi o presentado polo Concello de Lalín, dirixido a acondicionar a planta baixa da praza de abastos. En concreto aprobouse unha achega económica de 1,13 millóns de euros para esta actuación. O proxecto presentado polo Concello de Lalín prevía restaurar unha planta do mercado que na actualidade está case sen uso para abrir a praza cara ao campo da feira e instalar un espazo para negocios vinculados á hostalería. Tamén se prevía a mellora das fachadas".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os meses foron pasando, indican os socialistas, "sen que trascendese publicamente ningún avance na execución deste proxecto, ata que en decembro de 2023 o alcalde anunciou que se valoraba renunciar á axuda pola suposta imposibilidade de executar e xustificar a obra no prazo máximo outorgado polo Goberno central (ata setembro de 2024, case dous anos despois da resolución favorable). O pasado mes de abril asinouse o decreto no que o Concello renunciaba de maneira definitiva á axuda de 1,13 millóns, polo que se obriga a devolver esta contía e, a maiores, a abonarlle ao Ministerio uns 55.000 euros en xuros".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En vista do anteriormente exposto, o PSOE somete á aprobación do Pleno a adopción

do seguinte acordo: Solicitar a comparecencia no vindeiro Pleno do alcalde para que dea

explicacións sobre a perda desta axuda e sobre as súas consecuencias para os intereses de Lalín.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page