top of page

O PSOE de Lalín pide o apoio a favor de calquera medida que faga posible e axilice a rebaixa da peaxe da AP-53 e de todas as peaxes de Galicia

Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín levará ao vindeiro Pleno unha moción a través da cal solicítalle a todos os grupos do Pleno da Corporación de Lalín, do Parlamento de Galicia e das cámaras estatais (Congreso dos Deputados e Senado) que apoien co seu voto a favor calquera medida ou iniciativa que faga posible e no seu caso axilice a rebaixa da peaxe da AP-53 e de todas as peaxes de Galicia.

"A autoestrada AP-53 na súa conexión ata Lalín foi inaugurada en 2002 baixo os gobernos de José María Aznar na presidencia de España e de Manuel Fraga na Xunta de Galicia. A infraestrutura privatizouse outorgándolle a Autopista Central Galega (ACEGA) o dereito para cobrar peaxe durante 75 anos", lembran os socialistas.


Dende a súa posta en servizo esta vía de alta capacidade, sinalan, "é un dos principais eixos de comunicación viaria entre Santiago e Lalín e, por extensión, do centro de Galicia.

Malia todo, a súa potencialidade como elemento de vertebración territorial e dinamización social e económica está claramente limitado por unha das peaxes máis caras de todo o Estado español". "A elevada cantidade que teñen que pagar os usuarios da AP-53 -máis de seis euros por un traxecto de pouco máis de 40 quilómetros- explica unha densidade de vehículos moito máis baixa que a media nacional".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Noutro eido, apunta o PSOE que "o prezo prohibitivo da peaxe afecta de forma moi directa á mobilidade dos municipios da comarca de Deza que, entre outras cousas, comparten área sanitaria. Xa que logo, o benestar das veciñas e veciños destes concellos tamén

depende dunha infraestrutura que moitos se ven obrigados a utilizar para, por exemplo, acudir a unha simple consulta médica. Por suposto, as elevadas peaxes tamén comprometen a competitividade das empresas da zona, lastrando o seu rendemento nun momento chave para a recuperación económica e o emprego".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O Goberno de Pedro Sánchez, recalca, "garantiu unha partida de 43,7 millóns de euros anuais para bonificar a AP-9 e afrontar a prórroga das peaxes ata 2048 asinada polo Goberno de Aznar en 2003 para AUDASA. Tras cumprir con esta demanda, o Goberno central comprometeuse no actual acordo de goberno a incrementar estas bonificacións e

estendelas tamén á AP-53, acadando rebaixas no traxecto de Lalín a Santiago do 20

ao 75 por cento".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"É preciso recalcar que estas bonificacións coinciden exactamente coas que reclamaba

o “grupo de traballo” liderado polo alcalde de Lalín, José Crespo, na precampaña das

pasadas eleccións municipais e que agora serán realidade e darán resposta a unha

demanda histórica da Galicia central, aforrándolles centos de euros aos lalinenses nos

seus desprazamentos a Santiago ao longo do ano e favorecendo o dinamismo e a

competitividade económica das nosas empresas ao tempo que se avanza na cohesión

territorial".

Kommentarer


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page