top of page

O PSOE de Lalín pide mellorar a sinalización dos topónimos así como dos recursos turísticos

Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín levará ao vindeiro Pleno unha moción a través da cal solicita modificar, ampliar e rehabilitar a sinalización vertical de localización cos nomes das parroquias así como das aldeas e elaborar un Plan Municipal de Sinalización Turística que contemple tódolos recursos turísticos e lugares de interese, así como a localización de cada sinalización.

foto
O Museo dos Xogueres de Lalín é un dos atractivos deste municipio.

"A mobilidade dentro do Concello, e sobre todo nas áreas rurais é un aspecto fundamental para calidade de vida dos residentes, e tamén para facilitar os desprazamentos por estas zonas aos visitantes. A mellora da sinalización vertical que indica os nomes das aldeas e parroquias do rural no Concello de Lalín non so busca optimizar a circulación de vehículos, senón que tamén ten un impacto positivo en outros moitos aspectos como pode ser a seguridade viaria ou o turismo", explican os socialistas.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Na actualidade conservamos en Lalín sinalización totalmente deficitaria e obsoleta incluso dentro do casco urbana. En outros casos a sinalización é deficiente xa que non están correctamente sinalizadas boa parte das aldeas que conforman o noso territorio. O mesmo acontece coa sinalización dos espazos e monumentos turísticos do concello sendo esta

tamén deficiente e nalgúns casos inexistente".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, apunta que outra das necesidades a mellorar en canto a sinalización turística é a falta de homoxeneidade. "Isto é primordial para facilitar a accesibilidade e o

coñecemento dos distintos recursos turísticos cos que contamos no Concello de Lalín, igrexas, castros, conxuntos megalíticos, pazos, etc...".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page