top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE de Lalín pídelle ao Concello a dixitalización e posta á disposición da cidadanía do arquivo municipal

Ademais demanda a dotación dunha praza de arquiveiro/a


Ecos da Comarca/A Ulloa

O PSOE de Lalín levará ao vindeiro pleno municipal unha moción a través da cal lle pide ao Concello a dixitalización e posta á disposición da cidadanía do arquivo municipal. Ademais, entre outros acordos, demanda a dotación dunha praza de arquiveiro/a para o Concello de Lalín

"Os Arquivos son custodios e difusores da historia e polo tanto da identidade dun pobo. O caso do Arquivo Municipal de Lalín é o seguinte: No ano 1989, organízanse os fondos documentais presentes nas dependencias do concello de Lalín, dando comezo así á historia do que, hoxe en día, se coñece como o Arquivo Municipal. Este, sitúase na planta baixa do consistorio, nas antigas celas, dous locais anexos moi pequenos. Máis tarde trasládase fóra do concello, no, daquela, local da biblioteca municipal, ocupando unha superficie de 70 m2 e contando, por primeira vez, cunha mesa de consulta, un ficheiro e un ordenador. Cando se remata o Castro Tecnolóxico, en 2013, o Arquivo muda a súa localización, de novo, para o semisoto, a carón do garaxe. Hoxe en día está distribuído en tres salas circulares. Ao longo do tempo téñenselle feito reincorporacións documentais nos anos 2002, 2004, 2005, 2006, 2009, 2011 e 2017. A día de hoxe conta con 7.722 unidades de instalación e 36.675 rexistros inventariados", explican os socialistas.


Por outra banda, segundo o cadro de clasificación do Arquivo Municipal de Lalín (datado

no 09-09-2016), apuntan, ·este conta con documentos de diversa temática Goberno (Concello/Pleno, Alcalde, Comisión de Goberno e Comisións Informativas) Administración

(Secretaría, Rexistro, Patrimonio, Persoal, Servizos Xurídicos, Contratación e Arquivo) Servizos (Obras e Urbanismo, Servizos Agropecuarios e Industriais, Abastecementos e Consumos, Transportes, Seguridade Cidadá, Sanidade, Beneficencia e Asistencia Social,

Educación, Cultura, Deportes, Poboación, Quintas e Milicias, Eleccións, Facenda, Financiamento e Tributación e Tesouraría)".


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

O PSOE destaca que a Constitución española de 1978 fala sobre o dereito da cidadanía ao acceso á información: No artigo 20: “Se reconocen y protegen los derechos: a comunicar o recibir libremente información veraz por cualquier medio de difusión.” No artigo 44: “los poderes públicos promoverán y tutelarán el acceso a la cultura, a la que todos tienen derecho.”; No artigo 46: “los poderes públicos garantizarán la conservación y promoverán el enriquecimiento del patrimonio histórico, cultural y artístico de los pueblos de España y de los bienes que lo integran, cualquiera que sea su régimen jurídico y su titularidad. La ley penal sancionará los atentados contra este patrimonio.” Ademais, a lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, no seu artigo 23, versa sobre o dereito de acceso á información contida nos arquivos documentais así como a garantía da súa accesibilidade por parte da cidadanía. Esta lei, tamén regula a creación e xestión de arquivos e indica a cesión da competencia nas comunidades autónomas:


"[...] os arquivos públicos son algo máis que servizos de depósito cultural [...] deben servir, en primeiro lugar, aos fins para os que foron concibidos; uns fins que non son outros que facer posible a propia xestión administrativa, garantir e testemuñar os dereitos e os deberes da propia Administración e dos cidadáns, e proporcionar información, nun marco de xestión dos asuntos públicos onde a transparencia e a responsabilidade democráticas e a calidade na prestación dos servizos constitúen referencias inescusables"


En dita lei indícase a competencia, por parte das deputacións, de prestar asesoramento e

apoio económico aos arquivos municipais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

"Por outra banda, cómpre engadir que o Arquivo Municipal de Lalín non conta cun persoal específico, un/unha arquiveiro/a municipal, senón que é atendido polos funcionarios municipais (os cales non contan coa formación necesaria para xestionar esta entidade)", recalca o PSOE e indica que entre as funcións dun/dunha arquiveiro/a estarían:

• Recoller, custodiar, conservar e restaurar os documentos producidos ou recibidos polo concello no exercicio das súas funcións e actividades.

• Clasificar, ordenar, describir e indexar os documentos seguindo os criterios e as normas arquivísticas vixentes.

• Elaborar e actualizar os instrumentos de descrición e control dos documentos

• Facilitar o acceso e a consulta dos documentos aos cidadáns, aos funcionarios e aos investigadores, respectando as limitacións legais e as normas de uso do

arquivo.

• Difundir e promover o coñecemento e o valor do patrimonio documental do concello, mediante exposicións, publicacións, visitas guiadas, actividades educativas, etc.

• Asesorar e colaborar coas distintas unidades administrativas do concello na xestión documental e na aplicación das normas de arquivo.

• Participar na elaboración e revisión das táboas de avaliación documental, que establecen os prazos de conservación ou eliminación dos documentos segundo a

súa importancia.

• Coordinarse e integrarse no sistema de arquivos de Galicia, que comprende os arquivos da Xunta, os arquivos históricos provinciais e os arquivos municipais.


"En relación a isto, a antedita lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, tamén nos fala do persoal vinculado ao arquivo. No seu artigo 14, di o seguinte: “Os arquivos públicos contarán co persoal arquiveiro, técnico e administrativo suficiente para cubrir as necesidades do servizo. A dirección dos arquivos públicos deberá recaer en persoas con titulación universitaria e formación en materia de arquivos ou documentación”".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

Por todo isto, o partido socialista de Lalín propoén a adopción dos seguintes acordos:

1. Dotación dunha praza de arquiveiro/a para o Concello de Lalín. Mentres non se convoque un/unha funcionario/a municipal aínda que sexa a tempo parcial será o/a encargado/a das tarefas relacionadas con dito Arquivo.

2. Creación dun depósito aberto á cidadanía para depositar e conservar documentos e fotografías de interese para a historia do Concello de Lalín e/ou a Comarca de Deza coas debidas garantías arquivísticas e de acceso publico.

3. Creación dunha web municipal para a consulta dos documentos dixitalizados do Arquivo Municipal. De xeito mínimo, deberían de estar dixitalizados todos aqueles referidos ao funcionamento orgánico do concello de Lalín, cando menos dende 1979. Esta web podería ofrecer a posibilidade de a petición de documentación específica documento concreto a través dun formulario web; ademais podería difundir as súas novidades, as súas exposicións e publicacións. Esta web dixital podería formar parte dun ente superior que sería a páxina de transparencia local, cando esta se complete con toda a información faltante.

4. Creación dun arquivo fotográfico dixital, engadido na anteriormente citada páxina web.

5. Achegamento dos fondos documentais á cidadanía, con exposicións, charlas e visitas guiadas fomentando así a formación e a sensibilización sobre a importancia do patrimonio documental dixital.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page