Dende o grupo socialista apuntan "que a concelleira de Igualdade faltou a verdade
co único obxectivo de confrontarse a Azos Feministas"
Ecos da Comarca/Lalín
O PSdeG-PSOE de Lalín pregúntalle a concelleira de Igualdade, Begoña Blanco, "cal é a
finalidade de mentir e intentar manchar o 8M, Día Internacional da Muller. Lémbranlle que
non é a primeira vez que se enfronta ao colectivo Azos Feministas co obxectivo de
menosprezar a labor que fan dende a asociación, que é a que debería facer ela dende a
súa concellería. Leva anos sen asistir a ningunha convocatoria deste colectivo, “pero para
confrontarse a el e ensuciar unha data tan importante coma o 8M é preferible que siga
sen ir”.

Dende a bancada socialista sinalan que chegar a outro acto "victimizándose dunha mentira só busca desunir ás mulleres e confrontalas". “O obxectivo era ter un titular que deixase de lado a loita feminista e que numerosas persoas saíron a reivindicar os dereitos de todas
as mulleres”, expoñen e destacan que “o seu afán de protagonismo non lle deixa ver máis aló e como ese día todas eramos protagonistas, ela tiña que sobresaír”.
Lamentan que use o seu poder político nun acto do Concello para soltar unha mentira e
que logo queira evidenciar aos outros partidos que si cumprían co protocolo que indicaron
dende o colectivo que convocou dita manifestación. Así mesmo, preguntan se o resto de
compañeiros/as e o propio Crespo apoian que a concelleira de Igualdade "se enfronte
desta maneira a Azos Feministas e ás persoas que o conforman, aínda que non é ao
único que que se confronta, porque cónstanos que o seu afán de poder e protagonismo
fai que perda as formas e ata a educación cando se dirixe a veciñanza”.
Ademais, o grupo socialista indícalle que tomase nota das reivindicacións que se fixeron
durante o manifesto como contar cunha sanidade pública para todas, xa que no propio
manifesto se indicou que actualmente hai un “sistema sanitario debilitado até a asfixia
(…). A situación deficitaria da atención primaria obrigounos a asumir unha maior atención
a persoas idosas, crianzas e doentes ante a falta de recursos sanitarios esenciais. (...)
Unha vez máis vémonos obrigadas a poñer a atención doutras persoas por diante dos
propios autocoidados pola carencia de recursos públicos”. Outra das peticións é unha
educación pública con perspectiva de xénero ou centros xeriátricos. Dende a bancada
socialista "agardamos que escoitase estas demandas e se poña a traballar en lugar de
buscar confrontación".
NOTICIA RELACIONADA:
Comments