top of page

O PSOE de Lalín mostra preocupación "ao admitir Cuñarro que lle vendeu material desde a súa empresa privada á concesionaria de auga"

Ecos da Comarca/Lalín

Os socialistas de Lalín revelaron este luns que o concelleiro de Obras, José Cuñarro, "vén de admitir que lle vendeu material á empresa concesionaria dos servizos de auga e abastecemento de Lalín, confirmándose así a denuncia feita pública polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE hai uns días".

O edil do Goberno, sinala o PSOE, "recoñeceu por escrito en resposta ás preguntas plenarias formuladas polos socialistas que lle subministrou area á concesionaria para acometer reparacións nun burato xurdido na avenida Luís González Taboada".


Os socialistas amosaN a súa preocupación ante o recoñecemento duns feitos “moi graves e presuntamente fraudulentos”, sinalando que as respostas ofrecidas polo concelleiro “deixan máis dúbidas e sospeitas ca cuestións aclaradas”. Deste xeito e, ante a falta de explicacións convincentes por parte de Cuñarro, anuncian que tomarán novas medidas para que “se arroxe toda a luz sobre o escándalo de que unha concesionaria pagada con fondos públicos contrate á empresa privada do concelleiro responsable desta mesma concesión”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Lembran que José Cuñarro é o concelleiro que ostenta as competencias municipais de Obras e Servizos e, polo tanto, é o responsable político de controlar o bo funcionamento da empresa concesionaria da auga, de modo que tal vinculación é incompatible con que a súa empresa privada lle venda material. “Cuñarro cobra 47.000 euros por unha dedicación exclusiva do 75% no Concello de Lalín e, ao mesmo tempo, percibe beneficios económicos provintes de diñeiro público ao traballar coa súa empresa privada para unha concesionaria municipal. É escandaloso e os socialistas non o imos pasar por alto”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page