O PSOE de Lalín lamenta que o PP da Xunta vote en contra dunha ambulancia para este municipio
- ecosdacomarca

- 10 mar 2023
- 2 Min. de lectura
E tamén sobre a falta de persoal sanitario
Ecos da Comarca/Lalín
O voceiro de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, trasladou este xoves á cámara
galega a petición dos profesionais sanitarios para que se poña unha segunda ambulancia
de forma inmediata e con base permanente na comarca do Deza que ofreza servizo
durante as 24 horas. Esta iniciativa lévaa pedindo o PSdeG-PSOE de Lalín dende hai
anos e ademais está respaldada por uns 100 sanitarios que presentaron firmas
reclamándoa. Esta proposta foi finalmente rexeitada na comisión parlamentaria de Sanidade ao recibir o voto en contra dos representantes do Partido Popular.

Torrado remarcou que Deza sofre algunhas eivas importantes a nivel sanitario, en especial na atención primaria. Entre elas enumerou a falta de persoal, que leva a un déficit asistencial durante longos períodos debido a que “non sempre se cobren as baixas”, algo que denuncia que “depende de quen goberne no concello onde hai necesidade de cubrir esas baixas”.
Explicitou que a demanda en concreto é que se estableza unha ambulancia, a poder ser
medicalizada, con base permanente na comarca de Deza, que ofreza un servizo durante
as 24 horas e isto se faga de maneira inmediata. "Fixo un percorrido histórico do
posicionamento do PP durante os últimos anos nos que “bailaron á conga”, que comeza
antes do 2019 cando pensaban que “non era necesario nada”, pero incluíron a promesa
da nova ambulancia medicalizada no programa electoral do PP de Lalín dese ano, para
volver a sinalar que non facía falta nada no 2020, pedir unha “sanitarizada” no 2022 e
agora matizar que sanitarizada pero con servizo só durante 12 horas. Dende o grupo
socialista local preguntámonos se Crespo a volverá a presentar no seguinte programa
electoral ou xa se da por satisfeito cos servizos que temos agora".
O debate tamén atendeu ao novo centro de saúde que se está construíndo en Lalín, do
cal criticou os cambios de decisión da Xunta en función dos cambios de goberno na
capital de Deza, xa que deixou de ser “prioritario” para o goberno galego cando o PP perdeu a Alcaldía, feito que sinalan os socialistas de Lalín e que lamentan que esta
política siga a funcionar a día de hoxe por parte dos “clásicos”, como se autodeterminou
Alberto Pazos, do PP. Torrado remarca que de momento o que teñen en Lalín é o centro
de saúde actual, do que resalta que ten unhas condicións de recursos e espazos “francamente mellorables, por ser suaves”.
Durante a intervención, Torrado tamén puxo de manifesto a que se debe o retraso da chegada dun novo pediatra e aínda que actualmente hai tres, teñen horarios reducidos. Ademais, dende o PSOE de Lalín preguntan se esta decisión cambiará no caso de que
haxa un cambio de goberno no Concello. Ademais, engaden que "Pazos mentiu dicindo
que o 93 % das citas se dan nun prazo de 2-4 días, porque a realidade é que son para 4-8
días".







Comentarios