top of page

O PSOE de Lalín lamenta a falta de información do Concello durante a avaría na rede de abastecemento

Forno esixe ao Goberno que se limpen as fincas municipais que teñen na Rúa Carragoso de Abaixo e obrigue a todos os propietarios ao mesmo


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín lamenta a falta de información do Concello durante a avaría na rede de abastecemento que deixou onte sen auga ou con escasa presión a boa parte do casco urbano e outras zonas do municipio.


Os socialistas denuncian que, malia producirse a incidencia arredor das oito da tarde, o Goberno local non informou ata ben entrada a mañá seguinte pasadas máis de quince horas, cando a avaría xa estaba practicamente solucionada. “Unha avaría pode ocorrer, o que non é aceptable é que o Concello desapareza informativamente cando máis o necesitan os veciños”, sinalan.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O PSOE critica que "mentres as redes sociais municipais se afanan en difundir a actividade política do Goberno local e se enchan de propaganda do PP, permanezan en silencio ante incidencias que afectan a milleiros de persoas e cando a xente busca respostas. A pesar de contar con varios asesores de comunicación e cun exército de desicacións exclusivas, ninguén deu explicacións cando a veciñanza estaba sen auga. 

Os cidadáns necesitan canles oficiais que informen con rapidez e transparencia. As redes sociais do Concello deben estar ao servizo da veciñanza, non da propaganda do Partido Popular", conclúen.

Por outra banda, o PSdeG-PSOE de Lalín esixe ao Goberno municipal que proceda de maneira inmediata á limpeza e acondicionamento das parcelas de titularidade municipal situadas na Rúa Carragoso de Abaixo, ao tempo que reclame o mesmo nivel de cumprimento a todos os propietarios privados da contorna. Os socialistas consideran que o Concello non pode permitir que as súas propias fincas presenten un estado de abandono

mentres demanda á veciñanza que manteña as súas propiedades limpas e rozadas.


A voceira socialista, Alba Forno, explica que a maior parte dos propietarios da zona xa realizaron os traballos de limpeza das súas parcelas, polo que resulta “incomprensible que sexa precisamente o Concello o que non fixo o seu traballo”. “A administración local ten que ser a primeira en dar exemplo. Non pode esixir aos veciños e veciñas que cumpran coas súas obrigas mentres mantén as súas fincas cheas de maleza e silvas”, sinalou.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Forno advirte de que nalgunhas das parcelas municipais “as silvas xa soben polos edificios que hai nesta zona”, unha situación que evidencia a falta de mantemento e

que “non só transmite unha imaxe de abandono, senón que tamén pode ocasionar

problemas de seguridade, salubridade e convivencia”.


A voceira socialista lembra que estas parcelas están situadas preto do casco urbano, nunha área na que residen moitos veciños e veciñas, polo que considera aínda máis necesario que se atopen en perfecto estado durante todo o ano. “As fincas municipais deben ser un exemplo de conservación e mantemento. Se queremos un Lalín coidado, o Concello ten que empezar por cumprir coas súas propias responsabilidades”, afirmou.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Desde o PSOE de Lalín subliñan que esta mesma esixencia debe aplicarse ao conxunto da veciñanza. Por iso, reclaman ao Goberno local que requira aos propietarios que aínda non realizaron os traballos de limpeza para que os leven a cabo no prazo correspondente e que, no caso de incumprimento, actúe con firmeza.“Non pode haber propietarios de primeira e de segunda. As normas teñen que ser iguais para todos, tamén para o Concello”, destacou Alba Forno.


Consideran que se algunha persoa non atende os requirimentos municipais, deberán impoñerse as sancións que correspondan ou executarse de maneira subsidiaria os

traballos necesarios. “Pero para iso, o propio Concello ten que dar exemplo mantendo as súas propiedades en perfecto estado de conservación”, concluíu.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page