top of page

O PSOE de Lalín indica que "todos os bos proxectos deste mandato leva o selo socialista"

“O PP de Lalín engana a veciñanza dicindo que proxectos como o Plan Único de

Banda Ancha veñen da súa man, cando é un proxecto do Goberno Central

financiado con Fondos Europeos”, sinala


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín indícalle ao Goberno de Lalín que a meirande parte dos bos

proxectos que levaron a cabo nestes catro anos levan o selo do PSOE, ben sexa local

(polo anterior mandato), provincial ou Estatal. “Crespo autodetermínase como gran xestor,

pero a realidade é que a maioría dos proxectos que levou a cabo viñan xa do Goberno da

coalición ou son do Goberno do Estado”.

A bancada socialista fai un repaso por proxectos "coma o de Lalín de Arriba, financiado

con fondos DUSI e que deseñou o anterior Goberno; o Cinto Verde, que puxo en marcha

o agora eurodeputado Nicolás G. Casares e “que tanto criticou Crespo, pero que agora ve

que foi todo un éxito e por ese lle segue a dar continuidade”; tamén están as sendas

peonís, que tampouco se mostraron a favor, pero que agora, co apoio da Deputación de

Pontevedra (goberno socialista), aumentarán creando, por exemplo, a de Prado. En canto

á peonalización, Crespo o único que fixo foi botar a baixo o deseño do anterior Goberno e

“agora ve as consecuencias de non apostar pola peonalización”. Outras obras, coma o

Campo de Fútbol de Vilatuxe, “do que agora tanto se halaban”, contaron co apoio da

Deputación de Pontevedra, ao igual que actuación que están levando acabo no Cemiterio

da Romea".

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Por outra banda, a reforma da Praza de Abastos que se levará con fondos do Plan de

Recuperación a cabo con axuda do Goberno Central e mesmo o CIS, “por moito que

queiran enganar, estase facendo con Fondos Europeos, aínda que a Xunta de Galicia o

venda como unha grande obra súa”. Finalmente, os socialistas critican que empreguen,

unha vez máis, as redes sociais públicas para mentir. “Falan de que grazas a este

goberno a banda ancha chegará a todo o rural e é totalmente falso, non poden enganar a

cidadanía así”. O grupo socialista explícalle a Crespo que este é o Plan ÚNICO-Banda

Ancha que lanzou o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, que é o

que pon o diñeiro procedente, de novo, do Plan de Recuperación que o PP tratou de

tumbar e a nivel local tanto criticou, e a través do cal as empresas de Telecomunicación

levarán a fibra a millóns de fogares. No caso de Lalín, abrangue todo o municipio e o

Goberno Local só se ten que encargar de controlar que as empresas cumpran os prazos

e que a fibra chegue a todos os fogares, “de non ser así, pódelle transmitir ao Goberno

Central que non se está cumprindo, pero ata aí chega a súa xestión”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Novo retardo do servizo de ambulancia

Os socialistas volven reivindicar a falta de ambulancia en Deza, que foi levado esta

semana ata o Parlamento da man do voceiro en materia de Sanidade, Julio Torrado. Que

este servizo tardase 50 e 90 minutos “é intolerable e inaceptable”. Dende o grupo

socialista “estamos cansos de pedir melloras en Sanidade e que chegue unha ambulancia

medicalizada para Lalín as 24 horas e con base aquí. É lamentable que o PP da Xunta de

Galicia siga mirando cara outro lado ante as necesidades que temos no Deza e que se

limite a dicir que está todo ben cuberto. A vista está que non é así”. Engaden que nestes

días falouse do helicóptero, pero vese como nestes casos non chegou a tempo e aínda

que indican “que segundo o cadro clínica se realiza unha clasificación que prioriza o

traslado” isto non se pode permitir.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page