top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE de Lalín esíxelle ao edil de Deportes que "deixe de mentirlles aos usuarios do Lalín Arena"

Ecos da Comarca/Lalín

O concelleiro socialista de Lalín, Mario López, esíxelle ao edil de Deportes, Avelino Souto, que "deixe de mentirlles aos usuarios do Lalín Arena". Considera “inxustificable” que “por terceiro ano consecutivo Souto falte á verdade sobre as causas reais do peche do multiusos durante a primeira quincena de agosto.

“No 2021 escusouse no cambio dunhas máquinas do ximasio que se fixo nunha mañá, no 2022 foi un suposto “paro biolóxico” na piscina e este ano a culpa é das obras da envolvente térmica na piscina, que non impedirían o funcionamento normal de servizos como o ximnasio ou as pistas de pádel”.


“A causa real do peche, como todo o mundo sabe”, explica Mario López, “é un problema de persoal derivado da pésima xestión de Souto, o concelleiro mellor pagado de Galicia”. “É indignante que un representante do goberno local minta de maneira descarada a todos os lalinenes. Se non hai persoal suficiente para atender as instalacións, haberá que buscar solucións, pero xamais fuxir cara adiante empregando a mentira”, engade.

Publicidade

O edil socialista tamén sostén que “aos usuarios non lles importa que non se lles pase a cobro a metade do recibo de agosto ou que se lles amplie en 15 días a caducidade dos bonos, pois o que queren é que este servizo público funcione correctamente e con garantías, máis nun mes no que moita xente ten máis tempo para practicar deporte e ten que buscar alternativas noutros locais ou en concellos veciños”.

López traslada “o malestar que nos fixeron chegar moitos lalinenses indignados coa situación e coa dinámica de Souto de pechar sistematicamente o Arena en agosto ante a incapacidade de solucionar os problemas de persoal”. “Tras o cambio de máquinas, o paro biolóxico e a nova envolvente”, pregúntase “cal vai ser a escusa para cerrar en 2024?”.

Publicidade

Finalmente, o concelleiro socialista recorda que as obras de mellora da envolvente e de eficiencia enerxética que se levan a cabo no Arena a través do Edusi, "foron planificadas polo goberno de coalición, pero a incapacidade do Partido Popular provocou un atraso na súa execución de máis de 5 anos".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page