top of page

O PSOE de Lalín e A Estrada califican de “pésima noticia” o traspaso ao Imelga de Pontevedra

Alba Forno e Luis López denuncian que o cambio encarecerá e duplicará os tempos de desprazamento para as vítimas e veciños, "deixando clara a nula relevancia dos alcaldes do PP ante o Goberno galego"


Ecos da Comarca/Lalín

Os grupos municipais do PSdeG-PSOE de Lalín e A Estrada mostran de xeito conxunto a súa máis rotunda repulsa tras confirmarse a decisión do Consello da Xunta de oficializar o cambio de adscrición dos partidos xudiciais de ambas localidades desde a subdirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) de Santiago á de Pontevedra.

Un acto no que estiveron representantes do PSOE de diferentes concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. 
Un acto no que estiveron representantes do PSOE de diferentes concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. 

O voceiro socialista da Estrada, Luis López, cualifica a resolución autonómica como “unha pésima noticia, que mesmo o PP da Estrada e de Lalín o son conscientes disto, pero non queren poñerse en contra da Xunta”. López fai fincapé na incoherencia e pasividade amosada polos rexedores do Partido Popular nas últimas semanas. A pesar de apoiar a moción que dende o PSOE presentaron en ambos concellos en novembro, “non fixeron unha soa xestión para evitarlle este perxuízo aos veciños e veciñas. Xa se ve que na Xunta pesan cero”, asevera o representante socialista.


Pola súa banda, a voceira do PSOE de Lalín, Alba Forno, mostra a súa preocupación polo enorme impacto práctico e económico que este traslado organizativo causará na veciñanza dos dous concellos e das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. “Isto implica afastar un servizo público esencial, duplicando o custo da viaxe e o tempo da mesma para persoas que moitas veces teñen que acudir en situacións de gran

vulnerabilidade”, denuncia Forno.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Os socialistas advirten de que o impacto da decisión vai moito máis alá dunha mera reorganización administrativa e terá consecuencias directas na vida de centos de familias, especialmente nos momentos de maior vulnerabilidade. Sinalan que un dos efectos máis graves producirase nos casos de defunción que requiren a intervención urxente do Imelga para a práctica de autopsias ou o esclarecemento das causas do falecemento. Ao depender agora da subdirección de Pontevedra, aseguran que se incrementarán as dificultades de coordinación, o que pode atrasar a entrega dos corpos ás familias e demorar tanto os velatorios como os enterros.


Tamén alertan das repercusións para as persoas implicadas en accidentes de tráfico ou laborais con procedementos xudiciais en marcha. Nestes casos, os lesionados deberán desprazarse ata Pontevedra para seren avaliados polos médicos forenses, o que, segundo denuncian, incrementará os custos, alongará os trámites e engadirá novas dificultades a quen xa afronta as consecuencias físicas e persoais destes procesos.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!

Desde as agrupacións socialistas conclúen que o Executivo de Alfonso Rueda “volve

tratar ás comarcas do interior como cidadáns de segunda” e censuran a actitude dos alcaldes populares de Lalín e da Estrada, aos que acusan "de gardar silencio e renunciar a defender con firmeza os intereses dos seus concellos fronte ás decisións da Xunta".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page