top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PSOE de Lalín denuncia que o Concello "converteu o cruceiro de Xaxán nunha illa viaria"


Ecos da Comarca/Lalín

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Lalín considera “unha grotesca chapuza” e unha “falla de respecto ao patrimonio” por parte do goberno muncipal do PP, as actuacións que "converteron o cruceiro da parroquia de Xaxán nunha illa viaria". Este foi o resultado das obras de reparación do aglomerado dunha pista nesta parroquia, "que incompresiblemente incluiron o pintado dunha illa de tráfico con pintura plástica ao redor deste elemento".

“Se xa é moi cuestionable que se aglomere agresivamente a base do cruceiro ata cubrir case por completo o seu primeiro chanzo, que se pinte unha especie de glorieta ao seu redor é inxustificable”, sinala o concelleiro, Anxo Álvarez. Nesta liña, o edil socialista explica que, “aínda que non é un cruceiro antigo, trátase dunha obra con valor artístico que debería ser respectada”.


Publicidade

“O que debería facer o Concello é adaptar a contorna a este elemento escultórico e non ao revés”. Ademais, sinala que “a estrada ten un volume de tráfico moi escaso e, aínda que era precisa a súa pavimentación, facer esta illa viaria é completamente absurdo, porque non soluciona ningún problema de mobilidade”.

Publicidade

“Esta chapuza evidencia que o PP segue vendo o rural coma nos 80, cando non existía apenas sensibilidade co coidado urbanístico e do patrimonio cutural e histórico”, engade Álvarez ao tempo que lle reclama ao concelleiro de Rural, José Cuñarro, que corrixa esta situación.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page