top of page

O PSOE de Lalín denuncia que a falla de efectivos da Policía Local provoca graves problemas á veciñanza

Pide que se poña unha solución ao proceso selectivo da Policía Local, que está a dilatar a incorporación de novos axentes, perxudicando tamén aos propios opositores


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín denuncia "a situación de abandono e desprotección que sofre a veciñanza como consecuencia da grave falla de efectivos na Policía Local, que se atopa baixo mínimos históricos por culpa da nefasta xestión do goberno municipal do PP".


Os socialistas alertan de que esta carencia está a provocar problemas cotiáns que afectan

directamente á vida da veciñanza, máis aló da inseguridade obvia que supón a falta de presenza policial no casco urbano. "Así, recentemente nunha rúa de Lalín, un vehículo mal

estacionado impediu a saída e entrada ao garaxe dunha comunidade de veciños, sen que

puidesen obter resposta da Policía Local tras varios intentos de contacto".

Segundo relatan os propios veciños e veciñas, ao chamar á Policía Local salta un contestador automático que deriva ao 112, desde onde lles redirixen á Garda Civil, que

non ten competencias directas no casco urbano. Este tipo de situacións, que se están a

repetir con frecuencia, impiden atender calquera emerxencia ou altercado na rúa,

deixando sen cobertura á cidadanía.


Desde o PSOE de Lalín critícase "que o goberno do PP, encabezado por José Crespo,

desmantelase o corpo da Policía Local por unha falla total de previsión. O resultado é un

servizo colapsado, sen quendas en tardes e noites, cunha presión insoportable sobre os

poucos axentes dispoñibles, obrigados a realizar horas extra e a soportar xornadas con

produtividades elevadas para garantir mínimos operativos".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Os socialistas lembran que a competencia en materia de seguridade no casco urbano é da

Policía Local, e que a presenza de efectivos na rúa é clave para xerar sensación de

seguridade e prevención de conflitos. A actual situación non só afecta á convivencia,

senón tamén ao cumprimento da legalidade no espazo público.


Desde o PSOE sublíñase, ademais, que a precariedade actual é responsabilidade directa

do goberno local, que non foi quen de planificar a renovación da plantilla policial. Lembran

"que foi o goberno de Mariano Rajoy, con Montoro á cabeza, quen encorsetou aos

concellos impedindo a reposición de prazas, pero hoxe, grazas ao goberno progresista de

Pedro Sánchez, a taxa de reposición pode alcanzar o 125 %, permitindo recuperar

efectivos sempre que haxa vontade política".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A esta situación, apunta, "engádese a chapuza do último proceso selectivo da Policía Local, que rematou coa anulación da proba teórica tras comprobarse que as respostas correctas estaban marcadas no exame. Un escándalo que non ten data de solución, e que dilata aínda máis a incorporación de novos axentes, prexudicando non só ao servizo público, senón tamén a centos de opositores que seguen pendentes dunha convocatoria

transparente e rigorosa".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page