top of page

O PSOE de Lalín denuncia "o inxustificable recorte das axudas ao deporte base por parte do PP"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Mario López: “Crespo e Souto soben os seus soldos e abrásannos a impostos, pero

quítanlle apoio ao deporte dos nosos rapaces e rapazas”


Ecos da Comarca/Lalín

O concelleiro socialista de Lalín, Mario López, criticou onte o “tixeirazo” do Partido Popular ás axudas municipais para o fomento do deporte base, censurando que Avelino Souto e José Crespo vaian deixar aos clubs que forman a nenos e nenas con 10.000 euros menos que o ano pasado para desenvolver a súa actividade. “Sóbense os soldos e aumentan os impostos, pero quítanlle apoio económico ao deporte dos rapaces e rapaces e isto parécenos moi grave”, afirma o edil.

Lembrou que durante o goberno de coalición o Partido Socialista realizou unha aposta sen precedentes par fortalecer os clubs de base e os clubs femininos elevando as achegas ata os 60.000 euros para este fin “polo que lamentamos profundamente que o PP retroceda nesta cuestión”. Sinala que a decisión política de baixar aos 50.000 euros as subvencións ao deporte base xerou unha profunda preocupación entre os clubs deportivos e entre os pais e nais. “Este recorte non só contradí as promesas do PP, senón que chega a comprometer o nivel de actividade dalgúns dos equipos que traballan incansablemente pola promoción do deporte entre os máis pequenos”, afirmou, ao tempo que agradeceu e puxo en valor “o magnífico traballo que realizan todos os nosos clubs deportivos”.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

López asegurou que o deporte base é fundamental para o desenvolvemento integral dos nosos rapaces e rapazas, porque fomenta non só a actividade física e a saúde, senón tamén valores como o traballo en equipo, a disciplina e o esforzo. “Os clubs que apoian estas iniciativas son piares na formación de cidadáns comprometidos de cara o futuro. Con todo, o recorte anunciado polo goberno local desincentiva este labor esencial e, en lugar de fortalecer as bases do deporte, mostra unha falta absoluta de compromiso co futuro dos nosos rapaces e rapazas”, subliña.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para o concelleiro é especialmente alarmante que no momento no que se necesita maior apoio, o goberno local decidira reducir o investimento no ámbito deportivo. “Co Partido Socialista no goberno xamais habería recortes en deporte, senón que reforzariamos esta área duplicando as achegas”, explica. Finalmente, Mario López cualifica de “indignantes” as mentiras do PP, lembrando que “non se sabe nada da axencia municipal do deporte que prometeron na campaña electoral de 2019 a través da que supostamente ían aumentar ao dobre o apoio aos clubs”. “O que fixeron foi exactamente o contrario, demostrando que son profesionais do engano e que todo lles vale, ata recortar en algo tan importante como o deporte”.

0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page