"O PP prefire seguir pagándolle as facturas a dedo e de maneira irregular á actual empresa, que cumprir coa lei, sacar unha nova licitación e permitir a libre concorrencia de novas empresas”, sinala Mario López
Ecos da Comarca/Lalín
O Partido Socialista de Lalín denuncia que o goberno local "mantén unha prórroga irregular no contrato de mantemento de xardíns e zonas verdes que xa encadea dous anos de duración. Así, a empresa encargada do manetemento dos xardíns e das zonas verdes continua a traballar para o Concello a pesar de que o seu contrato finalizou hai xa dous anos tras dous anos de vixencia e outros dous de prórroga".
Asegura que "non obstante, Acciona, entidade adxudicataria, continúa a desenvolver os
traballos polos que pasa mensualmente unha factura de 10.300 euros que Crespo, na súa mala praxe habitual, paga levantando o reparo suspensivo de intervención ou mediante recoñecemento extraxudicial de crédito. Esta situación, advirte o concelleiro, Mario López, consititúe unha prórroga tácita do servizo que roza a ilegalidade". O socialista lembra que se solicitou hai un ano acceso ao expediente de prórroga do contrato constatando “a deixadez máis absoluta por parte dun goberno municipal sen ningunha intención de sacar un novo concurso”. “O PP "prefire seguir pagándolle as facturas a dedo e de maneira irregular á actual empresa, que cumprir coa lei, sacar unha nova licitación e permitir a libre
concorrencia de novas empresas”, sinala.
Publicidade
Mario López sostén que esta situación é “froito da incapacidade e falta de previsión” da antiga concelleira de Parques e Xardíns, Begoña Blanco, “que a pesar de ter soldo de ministra non moveu un dedo para sacar un novo contratro”. “A deixadez é tan grande que actualmente non existe no goberno ningún concelleiro ou concelleira con estas competencias e non temos clara a responsabilidade, pero esiximos que se poña fin á inacción e á xestión neglixente e se cumpran os procedementos legais neste contrato”, engade.
Publicidade
Os socialistas esixen explicacións sobre o estado de tramitación está o novo contrato “se é que se fixo algo” e demandan que, como advirten os servizos de intervención e secretaría, a licitación se poña en marcha canto antes, pois ademais estar incorrendo nunha presunta irregularidade, a falta de contrato tamén condiciona a estabilidade e a seguridade dos empregados da empresa de mantemento de xardíns.
Finalmente, o PSOE volve evidenciar "a dobre vara de medir do PP e a súa falta total de escrúpulos. Como xefe da oposición, Crespo, apoiado no tránsfuga JJ Cruz, ensañouse de maneira reiterada coa concelleira socialista, Celia Alonso, pola licitación do contrato de xardíns que se dilatou por motivos administrativos completamente alleos á xestión política, mentres agora é incapaz de sacar a concurso este servizo".
留言